home.social

#linguasminorizadas — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #linguasminorizadas, aggregated by home.social.

fetched live
  1. "A importancia da fala", Javier Galiñanes:
    «Nun contexto marcado pola tensión entre tradición e modernidade, a fala preséntase como unha ferramenta esencial para construír identidade, fortalecer o diálogo e afrontar os desafíos presentes e futuros de Galicia. Unha reflexión sobre a necesidade de comunicarnos para definir quen somos e quen queremos chegar a ser».
    oferrado.gal/a-importancia-da-
    #galego #linguasminorizadas

  2. Outra eiva do mundo editorial e cultural galego é a ausencia case total de oferta de pasatempos, cadernos de verán, libros de resolución de crimes ou enigmas, tan en voga actualmente. É dicir, a cidadanía galega, como en tantos outros ámbitos, non ten a posibilidade de desenvolver esta actividade na súa lingua.
    #linguasminorizadas #galego

  3. "Con E de curcuspín. Carta ás linguas", Mario Obrero, Rinoceronte, 2025, trad. de Moisés Barcia. Unha defensa das linguas minorizadas do estado español feita con cariño, conciencia cívica e sensibilidade poética. Moi recomendábel.
    #ensaio #linguasminorizadas #librosengalego

  4. A vergoña é que sexa noticia que o 29% das aulas en galego é un record na universidade galega: "A USC bate marcas de uso do idioma galego": culturagalega.gal/noticia.php?
    #galego #linguasminorizadas #usc

  5. Non hai guías de viaxes en galego. Refírome a guías tipo Lonelay Planet e similares. Son ese tipo de contidos que poden parecer intrascendentes, mais que son síntoma da febleza dunha lingua. Quero informarme para unha viaxe e quero facelo en galego, e non podo. Obviamente non hai mercado para que a unha editorial lle pague a pena editalas, mais aí debería entrar a política de normalización lingüística.
    #galego #linguasminorizadas

  6. Este titular é unha auténtica vergoña; ollo, o titular está ben, a vergoña e ter que redactalo: "O uso do galego na USC alcanza cun 25 por cento o seu mellor dato en dez anos": culturagalega.gal/noticia.php?
    #linguasminorizadas #galego #usc

  7. Agora que comeza a haber moitas series e películas subtituladas en galego, catalán e éuskaro, o seguinte obxectivo das linguas periféricas do Estado español deben ser os videoxogos: non están (a presenza é insignificante) traducidos máis que ao español. Coido que é esencial que se normalicen as linguas minorizadas nun ámbito que é a fonte primordial do ocio da mocidade.
    #videoxogos #tradución #linguasminorizadas

  8. Manda carallo que A Coz publique artigos laiándose dos problemas de supervivencia dunha lingua: "Lhéngua mirandesa, un tesouro portugués en perigo" lavozdegalicia.es/noticia/cult
    #linguasminorizadas

Share on Mastodon

Enter the server where you have an account.