home.social

#librosengalego — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #librosengalego, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Qué inmenso libro é "A música das palabras" (Xerais, 2022), un volume que recolle artigos, ensaios, conferencias... de Darío Xohán Cabana, e no que amais de gozar dun galego precioso apréndese moitísimo sobre tradución, poesía e case é tamén unha historia da literatura e da cultura galega.
    #libros #librosengalego #darioxohancabana

  2. "Véndoche un poema" (Fran Alonso, Xerais, 2025). Textos que xogan coa publicidade e cun perfil lector claramente adolescente. Poemas? Poesía? Non para min. Se o obxectivo é concienciar sobre a agresividade e a falta de escrúpulos da publicidade, pois moi ben; porén, chamarlle aos textos resultantes poesía xa é outro conto.
    #librosengalego

  3. "A autoedición sae á luz. A investigación universitaria achégase a un ámbito que incrementa público e recoñecemento cultural": culturagalega.gal/noticia.php?
    #librosengalego

  4. "Con E de curcuspín. Carta ás linguas", Mario Obrero, Rinoceronte, 2025, trad. de Moisés Barcia. Unha defensa das linguas minorizadas do estado español feita con cariño, conciencia cívica e sensibilidade poética. Moi recomendábel.
    #ensaio #linguasminorizadas #librosengalego

  5. "Bestiário" (debuxos de Ánxel Huete e textos de Vítor Vaqueiro, Néspera, editora, 2025). Unha proposta curiosa e de difícil clasificación. Trátase de unha serie de textos ilustrados sobre seres míticos galegos. Os textos oscilan entre o teratolóxico e o poético, e os debuxos son minimalistas e tendendo ao trazo aparentemente infantil. Moi interesante. Ortografía do galego internacional.
    #librosengalego

  6. "Senlleiras" (Antía Yáñez, Galaxia, 2024, 356 páxinas, eBiblio). Novela comprometida coa violencia de xénero, á redor da que xiran todas as historias e personaxes, obxectivo tan loábel como narrativamente pobre; a autora usa técnicas como o cambio de narrador, o uso da transcripción de textos de redes sociais, de cartas, de artigos reais de épocas pasadas... mais non logrou seducirme como lector. Dixe que foi a primeira novela para adultos da autora, mais eu non o estimo así.
    #librosengalego

  7. Espero que algún día sexa recompensada como merece Rinoceronte Editora por todo o que está facendo pola cultura e a lingua galega: "Catro novos lanzamentos reafirman a aposta de Rinoceronte Editora pola BD": culturagalega.gal/noticia.php?
    #bandadesenhada #comic #librosengalego

  8. "Cobiza" (María Reimóndez, Xerais, 2021). Sabedes iso de que a rapazada aprende polo que olla e non polo que se lle di? Pois o mesmo para a narrativa. Se escribes unha «novela de ciencia ficción feminista» as moi nobres causas (igualdade, ecoloxismo, dereitos humanos...) que defendes e reivindicas deben ollarse na acción da novela, non ser constantemente explicadas polo narrador.
    #libros #librosmastodon #librosengalego

  9. "Orbital" (Samantha Harvey, Rodolfo e Priscila, 2025; tradución de Juanma do Río). Hai que gabar que unha editorial tan nova e pequena traia ao galego un recente bestseller internacional aclamando pola crítica e premiado. A tradución pareceume excelente. Retrata a vida dos astronautas na ISS durante un día. Gostei do libro, aínda que é contemplativo en exceso e teño moitas dúbidas de que se lle poda chamar novela.
    #librosengalego