home.social

#galego — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #galego, aggregated by home.social.

fetched live
  1. 🤖🎬 Noticias dispersas acaba de publicar o vídeo "🗳️ ᴀ "ʟᴇɪ ᴅ'ʜᴏɴᴛ" ᴇɴ ᴏᴜʀᴇɴsᴇ #DiarioDeCampaña #galego #29n #humor". Dálle unha ollada en
    youtube.com/shorts/pd0RLEtfxxo #GalegoTube #Youtubeiras #ObradoiroDixital

  2. 📔 Menosprezo

    Acción e efecto de menosprezar ou tratar sen respecto nin consideración, de maneira ofensiva
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  3. 📒 Ermida

    Igrexa pequena, situada xeralmente lonxe ou fóra dun núcleo de poboación, onde se venera un santo ou unha reliquia
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  4. 📙 Medorra

    Sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen ou anta cuberto por un montículo de terra de planta circular, de arredor de cinco metros de altura
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  5. da documentación de SNAC ⁂

    Web interface language
    
    Since version 2.73, the web UI can be localized via simple .po files (they are directly parsed, no support for gettext is needed).
    
    No language file is installed by default; the administrator must copy any desired .po files to the lang/ subdirectory in the base directory. Once the server is restarted, users can select the new language from the user settings. The snac source distribution may include .po files in the po/ subdirectory. You don't need to copy the English language one, as it's the default.
    
    To create new language files, create a copy of po/en.po, rename it to a reasonable value like pl.po or pt_BR.po, change the translator in the header to yourself and fill the msgstr strings with your translation. If you have any doubt on how to modify .po files, there are many tutorials out there. If you want your language file to be included in the standard snac distribution, please send me a link to it via the Fediverse to @[email protected] or make a PR via the Git repository.
    

    son só unhas 300 cadeas de texto, así que alá vou con gl :galicia:  (mirei no repositorio e non está en #galego)

    #fediverse #localization #l10n  #snac

  6. 📚 Piorno

    Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  7. 📒 Varexo

    Acción de sacudir as pólas dunha árbore, en particular do castiñeiro / Época na que se leva a cabo este labor
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  8. Boas, alguém sabe se há alguma versão em galego de A Anarquia de Enrico Malatesta?

    Grazas

    #anarquismo #malatesta #galego

  9. 📒 Caínzo

    Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  10. 📗 Peteleira

    Montón de ourizos que se poñen a secar para que solten as castañas con facilidade / Lugar onde se botan estes ourizos
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  11. 📘 Barra fixa

    Barra horizontal suxeita a un muro que serve para realizar exercicios ximnásticos e de baile
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  12. 📓 Radiocasete

    Aparello electrónico constituído por un receptor de radio, un reprodutor de casetes e unha gravadora
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  13. :idioma:Traducín o que faltaba1 de Clio :fdroid:  (Reprodutor de Audiolibros)

    porque Voice botouse ao monte do vibecoding

    Sen máis motivo que esta publicación https://gts.eunach.scot/@mactunag/statuses/01M5R0QVEWQP3ASF1DE7GSYZ5D (o compañeiro estivo mirando por bifurcacións de Voice que lle parecesen axeitadas)

    Se queres probar Clio mira o catálogo en galiciale.gal e descarga un audiolibro.

    #audiolibros #android #galego

    1. xa traducira Voice, e como é unha bifurcación, Clio aproveitou boa parte do traballo. ↩︎

  14. Os Países Baixos están a dar un paso decisivo cara á soberanía tecnolóxica co proxecto DAWO.
    mancomun.gal/novas/os-paises-b

    Ao atoparse ante a vulnerabilidade de depender de tecnoloxías estranxeiras, decidiron crear unha contorna de traballo propia baseada en Linux e software libre, integrando ferramentas como NixOS, Nextcloud e LaSuite.

    É un recordatorio potente de que a autonomía estratéxica require construír o noso propio futuro dixital.
    #SoberaníaTecnolóxica #SoftwareLibre #Galego

  15. 📔 Perihelio

    Punto da órbita dun planeta ou de calquera corpo que xira arredor do Sol en que está máis próximo a este
    portaldaspalabras.gal/lexico/p

    #palabradodía #portaldaspalabras #galego

  16. Dubidas lingüísticas.
    No RAG e na Galipedia escríbese Nova York e Nova Jersey. No Priberam Nova Iorque e Nova Jersey. Este último recoñece o "y" como letra lexítima para representar palabras estranxeiras, mentres que o RAG di que é letra allea ao noso sistema e que se traduce por un i grego. Logo, cando representamos palabras estranxeiras que usan letras alleas ao noso sistema, non deberiamos sustituílas? Escribir xa que logo:
    Llersei e Iorque (ou Iork).
    #galego

  17. Ultrasonic (cliente para Navidrome et al.) e OSS Document Scanner ao :agoogle100: outra vez en #galego

    na primeira engadiron melloras na xestión do multimedia almacenado de xeito local no dispositivo (na memoria tobo)

    na segunds melloraron a xestión das imaxes das que proceden os documentos , tamén para reducir a cantidade de ficheiros e cartafoles que debe manter

    :android: :fdroid:

  18. "A importancia da fala", Javier Galiñanes:
    «Nun contexto marcado pola tensión entre tradición e modernidade, a fala preséntase como unha ferramenta esencial para construír identidade, fortalecer o diálogo e afrontar os desafíos presentes e futuros de Galicia. Unha reflexión sobre a necesidade de comunicarnos para definir quen somos e quen queremos chegar a ser».
    oferrado.gal/a-importancia-da-
    #galego #linguasminorizadas

  19. esa emisora, en Catalunya, utiliza de xeito predeterminado o catalán.

    pode que sexa iniciativa de A. Apestegui (neofalante, se mal non me engano), pero duns anos para aquí escóitase moito máis o idioma #galego nese programa. Pode que tamén polo tipo de persoas que convida (relacionadas coa cultura).

    Non é cuestión menor, opino, que alguén bote 15 minutos falando en portugués e ningunha das participantes fixo a máis mínima alusión ao idioma (durante a emisión)

  20. A radio máis escoitada en #Compostela ten como idioma «oficial» o castelán, pero gústame que o seu principal programa adopta con naturalidade o uso do #galego.
    Hai uns minutos estaban falando coas persoas autoras de «A gaivota, ensaio aberto»¹, unha obra para teatro a partir dun texto de Anton Chejov², (Neto Portela)🇵🇹 falou no seu idioma, coma o outro día unha de Brasil 🇧🇷, agradoume a naturalidade da conversa non precisando ninguén tradución.

    ¹ centrodramatico.xunta.gal/gl/e
    ² gl.wikipedia.org/wiki/Anton_Ch

  21. Vexo últimamente que prolifera o uso de "volta" no canto de "vez" en expresións como "outra volta", "desta volta"... Non sei a que responde, porque non atopo o uso en ningún manual. Nada na gramática de Álvarez e Xove e nada en Freixeiro Mato. Nos dicionarios, nada no RAG, nada no Priberam e unha única acepción no Estraviz (13. Vez, ocasião: desta volta ocorreu assim). Extráñame, ademais, que o uso dase moito en xente que sigue un uso normativo da lingua.
    #galego

  22. Quero agradecer o traballo de «isabelsaa» en github, traducindo Fedidevs.com ao #galego. É de supoñer que está tamén no #fediverso, mais non atopei o seu identificador para agradecerllo :( . Tamén dicir que o starter pack con título Slop Free FOSS paréceme que inclúe xente de máis, pero non sei, igual non estou ben ao día, pero son de agradecer ditas listas, para que todas teñamos claro a súa posición ao respecto e actuemos como mellor nos pareza, pero non ir de tapadillo.

  23. 📚📚 vexo :rssblobcattoma:  en #galiciale dúas novelas que lin:

    A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey

    en #galego, publicado en 2020 por #rinoceronteeditora  e traducido por #MoisésBarcia

    https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-1415

    No 20161 lin a novela en castelán, onde digo que:

    É unha novela bonita de ler, agradable e totalmente recomendable para pasalo ben.

    e tamén

    Hai santos que non queren ir ao ceo

    por David Conde, en @laiovento

    https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-807

    Historia novelada cun trasfondo político nunha época e lugar moi interesantes para a Historia europea (Occitania), con protagonisno feminino

    https://blog.xmgz.eu/hai-santos-que-non-queren-ir-ao-ceo-david-conde/

    que teñas boa finde :pikawave:

    #libros #literatura #romance #novela

    1. o código CSS desta páxina está estragado, é onde estaba antes o blog e non migrei este artigo, pero déixoo aquí reseñado porque é totalmente lexible. ↩︎

  24. Que boas Filhas de Cassandra, estou a escoitar mais cousas delas e 👌🏼

    #Música #Galego #MúsicaEmGalego #MúsicaEnGalego

  25. xarelo, xarela

    adxectivo
    Que fala e obra con pouco sentido, con descaro e desvergonza.
    Chamáronlle varias veces a atención por ser tan xarelo.

    Tamén substantivo
    É un xarelo.

    SINÓNIMOS descarado, desvergonzado, desvergoñado
    #galego #léxico #lexicogalego

  26. Para quen poida ter interese:

    Instalei BizumPay nun telefone con grapheneOS :grapheneOS: , desde o repositorio Google Play. Xa tiña «Bizum» activado co meu número e entidade de crédito e ao meter o número na aplicación abreu a aplicación do banco e premín en activar Bizum Pay e a clave e fixo todo o proceso sen queixarse de nada (cousa rara). Só pideu permiso para Rede (para funcionar), Notificacións (avisos, marquei non recibir correos con publicidade) e Sensores (o NFC supoño), non para os Contactos etc. (cousa rara, xa tiña pensado darlle o permiso fake que ten grapheneOS). Pregúntache tamén se queres que Bizum Pay sexa a aplicación predeterminada para pagar co móbil (sim, pois non teño outra). Tamén podes engadir outras tarxetas americanas que teñas (non engadín ningunha aínda). E tamén pases (.pkpass), pero tampouco engadín, que para iso utilizo Catima.

    Edito: púxena no idioma #galego

    A ver se despois no súper aceptan e igual teño que ir a outra tenda, non sei se tamén nas tendas/comercios teñen que activar algo ou xa lles funciona o trebello automaticamente. Vou levar uns leuros en efectivo por se acaso 💶💶

    Teño CERO interese en #bizumpay (que agora tamén está con ese nome en PT 🇵🇹), máis prefiro antes que mastercard/visa 🇪🇺

    Se conto isto é porque é un telefone con grapheneOS, con todas as súas limitacións e trabas, nun telefone normal supoño que non terá maior ciencia. A activación non deu problema.

  27. En galego la luna se dice "A lúa" en euskera "Alua" significa coño, asi q estoy pensando si cada vez q nombramos este satélite en Galiza invocamos alguna intersección de los universos q produce una conexión saficomatrística q celebra los coños en algun lugar de los cielos 😂😂😂

    #euskera #galego

  28. Pensatermos está agora en Ludogal, onde se agrupan catro xogos, dous lingüísticos e dous xeográficos: ludogal.gal/
    #galego

  29. Nunca deixa de alucinar-me que em 2026 sejamos capazes de entender #galego de hai que sei eu, 700 anos, por dizer algo.

    Estas citas infelizmente nom aparecem imediatamente datadas, mas alguém quer jogar a adivinhar o que dim...?

    1️⃣ "Et este foý boo adeujñador. Ca en seu tenpo non ouuo nehun tan boo."

    2️⃣ "Desý tomou ocaualo que era tan boo et de tan gran preço que da hũa parte nen da outra non andaua mellor."

    As respostas em ilg.usc.gal/ddd/ddd_pescuda.ph

    #palavraDoDia #língua

  30. youtube.com/watch?v=9zz7woH9C8M

    Como diria um amigo meu: "a tua opinião está errada!"

    Dos piores takes que ouvi nos últimos tempos, com um lindo gesto de ocultar a responsabilidade directa das ditaduras na destruição e perseguição das línguas da península ibérica.

    #galego #portugues

  31. "A RAG presenta o Dicionario castelán-galego en liña": culturagalega.gal/noticia.php?

    A url, que, xaora, non aparece no artigo, é esta: academia.gal/dicionario-biling

    #dicionarios #galego

Share on Mastodon

Enter the server where you have an account.