#lexico — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #lexico, aggregated by home.social.
-
-
𝑳𝒂 𝒑𝒂𝒍𝒂𝒃𝒓𝒂 𝒅𝒆 𝒉𝒐𝒚 ..
ENIGMA: un misterio que nos invita a explorar lo desconocido.
#vocabulario #aprendeespañol #wordoftheday #español
#palabrasenesp #léxico #cultura -
fagundaxe
substantivo feminino
1 pexorativo Conxunto de persoas desprezables, que actúan de mala fe. Non quero que te mestures con esa fagundaxe.
2 Conxunto, grupo ou concorrencia de rapaces. O avó sentábase á beira da casa, e toda a fagundaxe se lle achegaba para escoitar as súas historias.
-
costento, costenta
adxectivo
[Terreo] en costa inclinado en pendente. Monte costento.SINÓNIMOS corgueiro, costo, peado, pendente, pino1, reborondo
@doceasubio scripsit
-
torgo
substantivo masculino1 Raíz da torga. Os torgos queimábanse para facer carbón. SINÓNIMO torgueira
2 Volume da voz nun momento dado. Tiña un torgo de voz que enxordaba a calquera. SINÓNIMO ton
-
engarguelar
v. tr. e pron.
(1) Enganchar, ensilveirar, prender.
(2) Enganar. -
Libro de balde da Real Academia Galega: " Estudos de Onomástica Galega X. Os nomes do mar ": https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/456
#léxico #galego -
ingrir
verbo transitivo1 Ocupar unha cousa [determinado espazo]. Non se remexe un con tanta caixa, papeis e obxectos inútiles ingrindo o cuarto.
2 figurado Relatar polo miúdo [feitos falsos ou complicados] con moitos pormenores. Todas esas historias que ingre son produto da súa imaxinación.
-
bailanacriba
substantivo Persoa que muda facilmente de parecer. Non lle fagas caso, hoxe diche unha cousa e mañá outra, é un bailanacriba. Tamén adxectivo: Foi o que se coñecería agora como un político bailanacriba.
#vocabulario #lexico #lexicogalego #galego #drag -
alfiestra
substantivo feminino Furado da agulla, por onde se enfía. Non daba metido o fío pola alfiestra.
SINÓNIMO ollo
#vocabulario #lexico #lexicogalego #galego #DRAG -
churmigar
Chorar baixiño, só con bagoas e saloucos mainos.
Definición de Darío Xohán Cabana
#lexico #lexicogalego #vocabulario #galego -
feso, fesa
adxectivo. Dividido en dous por unha fenda.
Labio feso. Pedra fesa.
#vocabulario #lexico #lexicogalego #galego #RAG -
buqueira
s. f.
Abertura para passagem numa sebe ou numa silveira.
#vocabulario #lexico #lexicogalego #galego #estraviz -
salagre
adxectivo1 [Camiño, lugar] difícil de transitar por presentar moitos desniveis, pedras soltas etc. Por estes camiños salagres non poden andar os coches.2 Pouco amable ou afable. Éche un mozo moi salagre para os nenos.
#vocabulario #léxico #RAG #galego -
"Apelidos galegos que conservan palabras patrimoniais": https://debullandoafala.blogspot.com/2025/10/apelidos-galegos-que-conservan-palabras.html
#léxico #lexicogalego -
Sabedes que nome ten ese tipo de muro baixo que separa leiras do monte? Supoño que ten nome porque son moi característicos, mais non o coñezo. Parécenme moi fermosos.
#lexico #lexicogalego #galego -
Pois sonche ben bonitos todos os significados de «coutar»: https://academia.gal/dicionario/-/termo/coutar
#lexico #lexicogalego #dicionario -
Que bonita:
bichicoma
adj. e s.
(1) Pesado, ralhante, repugnante, metediço.
(2) Diz-se da pessoa que se aproveita dos outros, que abusa deles.
(3) Pessoa que costuma acompanhar as instituições ou organizações sem ter realmente nenhum cargo nelas. -
Sabedes iso que din de que os esquimais teñen decenas de palabras para denominar a neve? Ben, non é certo, non teñen moitas máis que noutras linguas, mais coido que en Galiza temos máis palabras para dar nome ós distintos tipos de leiras ou terreos que ningunha outra lingua (afirmación non verificada). Eis algunhas:
Touza: terreo pechado e con vexetación alta.
Avesedo: terreo que non recibe a luz do sol.
Pedregullo: terreo cheo de pedras.
Boedo: terreo sempre cuberto de auga.
⬇️
#léxico #galego -
"O Dicionário Galego-Português Estraviz completa 20 anos de serviço na Internet como “Uma explosão de luz no universo da língua”": https://www.academiagalega.gal/academia/info-atualidade/item/2023-o-dicion%C3%A1rio-galego-portugu%C3%AAs-estraviz-completa-20-anos-de-servi%C3%A7o-na-internet-como-%E2%80%9Cuma-explos%C3%A3o-de-luz-no-universo-da-l%C3%ADngua%E2%80%9D.html
#dicionarios #léxico #galego #lusofonia -
"Nomes galegos das aves de Galicia e de España", «proposta unificada das denominacións terminolóxicas de máis de 600 especies diferentes de aves en galego».
https://academia.gal/aves/presentacion
#galego #léxico #ornitoloxía #RAG -
Veño de descubrir unha palabra en castelán que non coñecía: «alzapaño», peza fixada na parede para recoller as cortinas. Non existe en galego. O Rinodiccionario dá como opción unha tradución literal: «alzapano», que non aparece no RAG nin no Estraviz. O portugués si ten palabra: «abraçadeira», apanhador da cortina. A palabra está no Estraviz e no RAG, mais non con ese significado concreto, senón con un máis xenérico. Deberían ambos engadir ese significado. Solucións no portugués.
#léxico -
"100 palabras para definir a choiva en galego": https://aschavesdalingua.gal/100-palabras-para-definir-a-choiva-en-galego/
#léxico #galego