home.social

#compostela — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #compostela, aggregated by home.social.

fetched live
  1. :agoogle100:  :ride_on:

    Xa tiña gaña de chegar á casa 😂 , non vou mentir, pero alégrome de ter ido. Leveino moi ben, fun ao xeito, e non quedei sen folgos. Síntome agradecido de poder facer estas cousas.

    Na comarca ao N-NW de #Compostela

    #biketooter #cycling #ciclismo

  2. CorreSan. Cidade Vella (nocturna) 🏃

    :fittrackee: https://fit.xmgz.eu/workouts/hNWUT976LjYcd8HhQUYQSD

    ⛈⛈ Após a tempestade chega a calma 🌥

    Pouco lle faltou para non ir correr onte á noite a #Compostela, porque caeron lóstregos con gañas durante unhas tres horas.

    seguro que hai fotos bonitas das corredoras polas rúas iluminadas e o público animando (eses turistas colaborando co espectáculo :slothOK: ), pero debería ir ao FB da organización mirar :grimace: :foxnotlike:

    #running #Compostela #CorreSan #correr

  3. audio guide also available in english

    falaban hai un anaco na radio sobre un #roteiro físico/virtual sobre  :castelao: #Castelao que se pode facer en #Compostela

    https://castelaoecompostela.gal/sobre-o-proxecto/

    e deume que pensar que igual estaba ben facelo.

    As visitas guidas xa foron a semana pasada, pero pódense descargar os audios.

  4. Hoxe enviamos "espías" á xornada Innovación nun clima que cambia, en #Compostela.
    Foi unha aproximación interesante aos intentos dende centros de investigación e universidade para integrar máis a sustentabilidade nas súas propostas, que sexan escalables a usos reais. O vimos moi enfocado ás empresas, sobre todo ás máis grandes, que poden traballar máis estas alianzas.
    Falouse de participación social, comunidades enerxéticas e necesidade de regulación e apoio público

    consellodacultura.gal/evento.p

  5. Para a xente de #Compostela e arredores interesades no #ecosocial e ou #decrecemento dende o enfoque comunitario e coimaxinando utopías sen deixar ninguen por debaixo ou atrás, tedes este interesantisimo laboratorio este domingo (aínda quedan algunhas prazas)

    pospetroleo.com/ames/2026/06/0

  6. Bo día! Lembramos que este domingo pola tarde teremos unha actividade de investigación-acción ofrecida pola artista, activista e pesquisadora Marta Moreno Muñoz. Colapso, arte e preparación comunitaria serán os seus eixos. Máis información e preinscrición: pospetroleo.com/ames/2026/06/0

    #Ames #Bertamiráns #Colapso #Decrecemento #Compostela