home.social

#sociedade — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #sociedade, aggregated by home.social.

  1. Hoxe e a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004

    Por estar de actualidade a aprobación do novo estatuto dos plenos de Ribadeo, que adxunto ó final, deixo tamén a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004, que regulaba unha minúscula participación cidadá nos plenos, cousa que este novo estatuto non contempla (a dicir verdade, non nega tampouco…). Esta parte é copia dunha entrada en Ribadeo Historia, blog anterior á existencia das ‘Notas do concello’ na súa web, cousa que en parte era a miña retensión parchear.

    Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004

    Ten, por exemplo, a regulación de rogos e preguntas por parte do público ó remate das sesións plenarias ordinarias, feita á proposta da Xunta de Portavoces.

    Acta pleno 13 set 2004Descarga

    [scribd id=1000450710 key=key-ICPM5EHkvgGoeJ6HQRa5 mode=scroll]

    20260211_Certificado_Certificado pleno_CERTIFICADO 2026-0019 [Certif. Pleno 10_02_2026 Regulamento Orgánico]Descarga #plenos #sociedade
  2. Onte (20260127) houbo pleno

    Si, polo que parece estaba a convocatoria do pleno dende hai hoxe cinco días na sede electrónica do concello, pero non a vira. A convocatoria era a seguinte:

    Convocatoria pleno Ribadeo 20260127Descarga

    Penso que de terme decatado antes, tería ido. E é que me chamoa a atención que antes de rematar xaneiro haixa unha “Modificación orzamentaria 03/2026”, que non sei se quere dicir que é a terceira modificación do orzamento (aprobado o 23 de decembro, é dicir, hai 36 días) ou ‘só’ unha modificación orzamentaria cando levamos transcorridos só 27 días do novo ano.

    Tampouco sei o que significa ‘Comodatos’, nin teño máis precisión sobre as ‘responsabildiades patrimoniais’ a raíz da caída dunha árbore (por exemplo, onde?), o ‘impacto dunha pedra ó rozar’ (asemade, onde?) ou os ‘danos en vehículo pola caída de alumeado de Nadal’ (supoño que nalgunha das ventoeiras deste Nadal).

    Do que si teño datos, porque xa o vin no xornal, é do convenio marco plurianual con ACISA, que supón 20 000 € para este ano. Aínda que non comprendo como teñen que aprobalo se é algo plurianual e entendo que xa estaba aprobado o conxunto, supoño que trámite administrativos.

    #economía #plenos #sociedade