#irpfformativo — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #irpfformativo, aggregated by home.social.
-
📣 Novo obradoiro de reparación colectiva!
Dende electrónica a roupa, mesmo libros, ou o que se vos ocorra.
🪛 Se sabes algo de reparación, vén botar unha man.
🆘 Se tes algo para arranxar, vente e outra xente axudarache
🥰 Se simplemente queres botar unha ollada e aprender, serás tamén benvidx!📅 27 de marzo 2026
🕕 18:30-20:30h
📌 Libraría Galgo Azul #ACoruña#RepairCafe polo #DereitoAReparar #RightToRepair #IRPFformativo
-
Seguro que se andas pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría #Compostela viches algún dos carteis que elaboraron Carmen, Marco e Nerea, bolseiras de ESF na escola, con fotos e frases que nos fan pensar no acceso a elementos vitais para a vida como auga, enerxía ou alimentos
-
📅 Martes 10 de febreiro.
📍Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Santiago de #Compostela. Estaremos na entrada da escola, seguro que nos ves!Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas... Pola tarde, teremos a axuda da xente riquiña da Asociación @composcleta
12:30-14:30 e 17-19h
-
Onte na nosa sede na Escola de Camiños #ACoruña celebramos con moitxs amigxs que un novo ano está a piques de rematar.
Estes espazos de encontro dan forzas e azos para seguir colaborando xuntxs para avanzar cara un mundo máis xusto e solidario.
O vindeiro martes en #Compostela teremos outro espazo, pola mañá de reflexión e mediodía-tarde de encontro e celebración.
Sempre hai que deixar espazos para celebrar!! (ou vertebrar, como lle chamamos en ESF 😊)
#ESFpro #ESFnaUniversidade #IRPFFormativo -
Hoxe na Escola de Enxeñería de #Compostela tivemos formación coas persoas do grupo do Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre que xa está funcionando.
Falamos de tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos, e houbo tempo para debatir sobre temas como IA, traballo colectivo... (fóisenos o tempo voando!).Se tes interese nestes temas de reparación, linux, recuperación de material informático, únete ao grupo.
Con fondos IRPF da Xunta de Galicia.
-
Onte estivemos na Escola Técnica Superior de Enxeñería de #Compostela probando o xogo didáctico sobre xestión comunitaria dos montes. Houbo momentos divertidos, moitas decisións complicadas e situacións tensas. Pero todas as participantes puideron sentir como é ser comuneira durante un ratiño