#esfnauniversidade — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #esfnauniversidade, aggregated by home.social.
-
Onte na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de #Compostela houbo unha actividade sobre dilemas éticos na enxeñería ambiental, que as nosas tres bolseiras da escola deseñaron e dinamizaron.
Moita participación e boa acollida, levando temas claves para a formación de futuras técnicas cun enfoque máis social.Grazas á escola e ao profesorado involucrado polas facilidades!
-
Onte na nosa sede na Escola de Camiños #ACoruña celebramos con moitxs amigxs que un novo ano está a piques de rematar.
Estes espazos de encontro dan forzas e azos para seguir colaborando xuntxs para avanzar cara un mundo máis xusto e solidario.
O vindeiro martes en #Compostela teremos outro espazo, pola mañá de reflexión e mediodía-tarde de encontro e celebración.
Sempre hai que deixar espazos para celebrar!! (ou vertebrar, como lle chamamos en ESF 😊)
#ESFpro #ESFnaUniversidade #IRPFFormativo -
Hoxe é o terceiro sábado de outubro, día da #reparación #RightToRepair.
Onte empezou a actividade dun novo banco de reciclaxe electrónica, na etse da usc en #Compostela, que se une aos do Campus industrial UDC #Ferrol, telecomunicacións UVigo #Vigo, Camiños/Informática UDC #ACoruña , así como aos municipais de #concellodeames e #concellodeteo
+info: https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/
-
Os Bancos Universitarios de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Ferrol #ACoruña e #Vigo arricaron xa o curso
De momento en Coruña van quedar mércores de media mañá a media tarde, en Ferrrol os venres pola tarde e en Vigo martes de 17:00 a 19:30. Todo isto pode variar segundo dispoñibilidade da xente que se achegue
Xa empezaron tamén os #RepairCafé e formacións, e o sábado estiveron na @oshwdem cun faladoiro e un posto
+INFO: https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/