home.social

#rolengalego — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #rolengalego, aggregated by home.social.

fetched live
  1. CON G DE ROL 2025

    Saúdos, galegoxogantes! Se este sábado 17 de maio estades en Coruña e vos apetece celebrar as nosas letras e a nosa lingua xogando rol, tedes una cita co #RolEnGalego na Asociación Draco.

    As partidas:
    - Unha de Dungeon World, e
    - "Os pecados do pai" (Savage Worlds)

    Ambas ás 11:00*, no local da asociación (r/ da Merced, 59, A Coruña).

    Máis info en: asociaciondraco.com/gl/con-g-d

    Inscrición (recomendada pero non obrigatoria) en: forms.gle/CpjwYuCJAxe9ptSL7

    (1/2)

    #lodelrol

  2. 👹 DÚAS TROLS NOS CASTROS 👹

    Este xoves é o derradeiro día para te apuntar ás nosas partidas e só quedan unhas poucas prazas!

    Todas as partidas: asociaciondraco.com/gl/duas-tr

    Formulario de inscrición: forms.gle/nbg4wSuqe8Yjv7sf6

    As partidas que teñen praza: 👇👇👇

    #IrmadadesDoDado #lodelrol #rol #Coruna #Galicia #RolEnGalego

  3. Hoxe xoguei unha primeira sesión da partida de #rol «Marexada no Bosque Profundo», de @undeadmole.bsky.social, en #IrmandadesDoDado.

    Nesta aventura, obra do máster e dirixida con Cairn 2ª edición, interpreto a Brun do Brañal, unha tosca arqueira que, canda o seu curmán Brook (un habitante dos ríos coñecedor de cancións) e Ruzdán, o orífice anano e socio de ambos, vai na procura da espada máxica Namiken, unha reliquia con poder sobre os mares.

    #lodelrol #RolEnGalego

  4. Este bundle, ademais, inclúe o primeiro xogo de #RolEnGalego traducido ao inglés: A Xustiza da Negra Sombra (Justice by the Negra Sombra)!

    Podedes conseguir este xogo tamén en:
    - A páxina de itch.io do seu autor, Xogón: xogon.itch.io/
    - Xalundes, o repositorio online de #rol en galego: xalundes.fala.gal

    #ttrpg #lodelrol

  5. DÚAS TROLS NOS CASTROS

    Esta é a primeira e a máis importante para min, unha xornada de #rol que estamos a organizar xentiña da asociación Draco e de @[email protected]. Como a anterior edición (Trol nos Castros, xullo 2024), será na Tobeira de Oza, na #Coruña. Desta vez, será o 12 e abril (a continuación indico o resto de datas relevantes).

    Vide, que a Tobeira é un sitio molón e o ano pasado saiu algo moi chulo!

    (1/5)

    #ttrpg #lodelrol #RolEnGalego #IrmandadesDoDado

  6. Non sei se alguén o dixo xa, pero:

    A Torre Nagasaki de "Die Hard" ("A xungla de cristal") é: un dungeon

    #ttrpg #rol #RolEnGalego

  7. Concepto 1: Bardo beatboxer

    Concepto 2: Bardos beatboxers itinerantes no mundo decrecido posterior ao apocalipsis climático

    #ttrpg #rol #RolEnGalego

  8. Pois onte fun por Irmandades do Dado pa sondear quen tería interese en probar o Root (xogo de rol), e...

    ...saín cunha partida de 5 xogantes para xaneiro 😆

    A verdade é que da gusto 🥲 Somos catro gatos e un mapache con chapeu xogando #RolEnGalego online en Irmandades, pero todo boa xente 🥰

    A partida ambiéntase, por certo, nun pasado distante da fraga con respecto ao momento do xogo orixinal: sen gatos 🐈🚫 e gobernada polos paxaros 🦅👑; pero... Por canto tempo? 😈

    #rol #Root #ttrpg #galego

  9. @nekerafa @carbonara Hai moitísimo rol indie, sexa propio ou complementos a xogos comerciais. Eu mesmo teño o plan de colgar (en breves) as miñas cousas (traducións, axudas) de rol en galego
    #RolEnGalego

  10. Vou animarme co rolvember de Pórtico deste ano. Aproveitareino para explorar un pouco algúns mundos ficticios aos que lles estou dando voltas. Usarei os hashtags #rolvember2023 e #virivember2023, que os caracteres nom dan para máis, e será un fío (que comeza aquí).

    (Aquí o post orixinal de Pórtico: mastodon.social/@portico/11132 )

    #rolvember #RolvemberEnPórtico #RolvemberEnPórtico2023 #Pórtico #virivember #rol #ttrpg #Galicia #galego #RolEnGalego

  11. Fai un ano, o compañeiro
    @xurxodiz, coa miña humilde participación, deu unha charla de SUPREMO interese sobre a historia, o presente e o futuro do rol en galego (e chea de imaxes moi curiosas). Foi na HispaCón, a convención anual de @portico, e espero que vos guste, porque é unha cousa tremendamente valiosa e única. youtube.com/watch?v=z-_0oKKkkG
    #rol #galego #RolEnGalego #ttrpg

  12. Este Samáin, vou participar (ofrecendo partida) no evento roleiro *Samáin: Días de Rol*, da comunidade Galicia Rolera. A miña partida (en galego):
    #rol #RolEnGalego #ttrpg #galego

  13. Ademais, o máster, Secho, que é UN CRACK, mantén unha tira cómic de anécdotas da aventura. É en Twitter, por desgraza, pero faime moita graza e é moi hashtagrelatable

    x.com/TimCaos/status/170889878

    #ttrpg #rol #galego #RolenGalego #DnD

  14. Nunca falei de Os Timcaos por aquí, ímolo remediar:

    OS TIMCAOS! O único streaming regular de D&D en galego (e de rol en galego, en xeral) que atoparás neste internet do ano 2023 do Noso Señor! Xa só por iso, paga a pena darlle unha oportunidade, digo eu. twitch.tv/timcaos (Tamén están en Youtube!)

    #TTRPG #RolEnGalego #DnD #rol #galego

  15. Mañá á noite xogo #RolEnGalego online (1ª de 2 sesións, de Savage World) cos xeniais @A_Losada e @xurxodiz en Irmandades do Dado. Quedan 2 prazas libres. Aquí info da partida, titulada LOST WAYS, para quen teña interese en unírsenos.
    Plz, retoot para que chegue a quen teña que chegar! 🙏

  16. Fío sobre (1) que son os PREMIOS IGNOTUS, (2) por que ti, que che gusta o rol e queres impulsar o #RolEnGalego, tes que participar, e (3) como podes facelo.

    (1) Os Premios Ignotus son os principais e máis antigos premios populares que se conceden en España a obras dos xéneros fantásticos (fantasía, ciencia-ficción, terror e xéneros afíns).

  17. Como xa anunciei, fixen unha tradución ao galego do xogo "Across the Endless Sea", e agora xa podo compartírvola co permiso expreso e entusiasta de súe autore. Aquí vai: drive.google.com/drive/folders #rolengalego