Esta interesante actividade vai ter lugar en Couso (Gondomar) #montevecinhal #commons #multifuncionalidade
#multifuncionalidade — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #multifuncionalidade, aggregated by home.social.
-
Desde o bloque Debullando o Rural achéganse algunhas reflexións sobre os lumes forestais @raposavermella #lumes #eucaliptizacion #monte #multifuncionalidade https://mariam.gal/debullando-os-lumes-forestais/
-
Unha nova entrada no blog Debullando o Rural. Desta volta fálase sobre as bestas nos montes galegos. Na entrada destácase o importante papel que exercen as greas de cabalos nas serras e montes galegos no controlo do mato e a importancia cultural que atesoura esta actividade gandeira nos montes #bestas #multifuncionalidade #cabalos https://mariam.gal/as-bestas-nos-montes-galegos/
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Zobra (Lalín) é un interesante exemplo de multifuncionalidade e bo facer. #multifuncionalidade #cmvmc #accioncolectiva #economiasocial #apicultura #zobra #comunidadesdemontes #commons https://www.campogalego.gal/zobra-o-monte-multifuncional-candan/
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños (O Covelo) é outro interesante exemplo de multifuncionalidade e de defensa do patrimonio industrial e rural. Podes coñecer os seus proxectos (museo da ceraría, lagar de cera de prensa de viga, ruta do xabriña, etc) na súa páxina web: http://montesparanhos.com/ #montesveciñais #historiaeconomica #industriarural #covelo #historiaeconomica #multifuncionalidade #accioncolectiva
-
En Paraños e na Lamosa (O Covelo) hai unha grande concentración de patrimonio apícola cereiro . Moi recomendable a visita ao museo sobre o oficio cereiro impulsado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños, ao impresionante lagar da cera deste lugar e ás eiras da cera que aínda se conservan #historiaeconomica #apicultura #lagardacera #beekeeping #patrimoniorural #abellas #multifuncionalidade #economichistory http://montesparanhos.com/ecoturismo-comunidad-montes-paranhos/lugar-da-cera/
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar) é un exemplo de multifuncionalidade e creatividade nas súas actuacións. Así, teñen produción de shii-take e pequenos froitos do bosque certificados en ecolóxico, mais tamén contan con proxectos vinculados coa cultura galega como o Bosque da Língua. Podes atopar información sobre as iniciativas que desenvolven na súa páxina web: https://montesdecouso.gal #sustentabilidade #montesveciñais #accioncolectiva #cmvmc #multifuncionalidade
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios (Gondomar) é un exemplo de grande interese tanto desde a perspectiva da multifuncionalidade como da defensa do territorio. Podes ver súas iniciativas en https://vincios.org/gl #montesveciñais #multifuncionalidade #accioncolectiva #cachenas #apicultura #patrimonio #frondosas
-
O vindeiro sábado día 12 de outubro participarei en Ribadeo nesta actividade sobre os montes veciñais en man común. No parladoiro "Montes que inspiran" falarase da singularidade das comunidades de montes, da dinámica histórica e poderanse coñecer tres exemplos de grande interese desenvolvidos por parte das comunidades locais en O Carballo (Friol), Vincios (Gondomar) e Labrada (Abadín) #montesveciñais #montescomunais # cmvmc #multifuncionalidade