#montesvecinais — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #montesvecinais, aggregated by home.social.
-
Teño colaborado no segundo volume da revista do proxecto This Is Also Science. Este é un interesante proxecto desenvolvido polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. Neste caso fíxose un artigo de divulgación sobre un texto que trataba da historia dos montes veciñais de Ponteareas https://tias.webs.uvigo.gal/revista/artigos/a-nosa-terra/ #ponteareas #montesveciñais #commons #historiaeconomica
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños (O Covelo) é outro interesante exemplo de multifuncionalidade e de defensa do patrimonio industrial e rural. Podes coñecer os seus proxectos (museo da ceraría, lagar de cera de prensa de viga, ruta do xabriña, etc) na súa páxina web: http://montesparanhos.com/ #montesveciñais #historiaeconomica #industriarural #covelo #historiaeconomica #multifuncionalidade #accioncolectiva
-
Estes días estivemos aprendendo e compartindo coñecemento sobre patrimonio apícola cereiro e a relación entre montes veciñais e apicultura. Concretamente no XII Congreso Nacional de Apicultura e na Feira Apícola Meliza que tiveron lugar en Zamora #historiaeconomica #blanqueodecera #ceradeabella #lagaresdecera #historiarural #montesveciñais #alvarizas #patrimonioindustrial #apicultura #abellas #beekeeping #honeybees
-
Estes días estivemos aprendendo e compartindo coñecemento sobre patrimonio apícola cereiro e a relación entre montes veciñais e apicultura. Concretamente no XII Congreso Nacional de Apicultura e na Feira Apícola Meliza que tiveron lugar en Zamora #historiaeconomica #blanqueodecera #ceradeabella #lagaresdecera #historiarural #montesveciñais #alvarizas #patrimonioindustrial #apicultura #abellas #beekeeping #honeybees
-
Este outro texto publicado na revista soberanía alimentaria aborda a interesante iniciativa desenvolvida pola CMVMC de Paraños. Esta entidade colectiva creou un centro de interpretación da ceraría tradicional e restaurou un lagar da cera #historiaeconomica #lagardecera #apicultura #accioncolectiva #montesveciñais #historiarural https://soberaniaalimentaria.info/numeros-publicados/63-numero-32/561-la-iniciativa-comunitaria-del-centro-de-interpretacion-de-la-cereria-de-paranos
-
Cada vez máis comunidades de montes veciñais en man común articulan as súas iniciativas ao redor da multinacionalidade e do aproveitamento dos recursos endóxenos. Este texto trata sobre estas dinámicas na acción colectiva. #cmvmc #accioncolectiva #commons #montesveciñais #comunidadesdemontes https://theconversation.com/montes-vecinales-asi-aprovechan-algunos-pueblos-los-recursos-naturales-respetando-el-medio-ambiente-181646
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar) é un exemplo de multifuncionalidade e creatividade nas súas actuacións. Así, teñen produción de shii-take e pequenos froitos do bosque certificados en ecolóxico, mais tamén contan con proxectos vinculados coa cultura galega como o Bosque da Língua. Podes atopar información sobre as iniciativas que desenvolven na súa páxina web: https://montesdecouso.gal #sustentabilidade #montesveciñais #accioncolectiva #cmvmc #multifuncionalidade
-
Os Montes Veciñais en Man Común de Galicia e os Baldios de Portugal son propiedades comunitarias que contan con traxectorias sociais, económicas e ambientais moi semellantes. Velaquí o artigo "Montes Veciñais en Man Común e Baldios: Unha análise comparativa das propiedades comunitarias de Galicia e Portugal" no que se comparan ambas figuras de xestión colectiva do monte https://revistas.usc.gal/index.php/semata/article/view/5379 #cmvmc #accioncolectiva #montesveciñais #ostrom #recursosdeusocomun #comunidadesdemontes
-
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios (Gondomar) é un exemplo de grande interese tanto desde a perspectiva da multifuncionalidade como da defensa do territorio. Podes ver súas iniciativas en https://vincios.org/gl #montesveciñais #multifuncionalidade #accioncolectiva #cachenas #apicultura #patrimonio #frondosas
-
O vindeiro sábado día 12 de outubro participarei en Ribadeo nesta actividade sobre os montes veciñais en man común. No parladoiro "Montes que inspiran" falarase da singularidade das comunidades de montes, da dinámica histórica e poderanse coñecer tres exemplos de grande interese desenvolvidos por parte das comunidades locais en O Carballo (Friol), Vincios (Gondomar) e Labrada (Abadín) #montesveciñais #montescomunais # cmvmc #multifuncionalidade