home.social

#industriarural — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #industriarural, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Esta roda de grande tamaño forma parte do conxunto de patrimonio industrial da serra dos carranos (O Covelo) #historiaeconomica #industriarural #patrimonio #histodon

  2. Por se alguén ten interese, xa está dispoñible o podcast do programa @efervesciencia.org na radio galega no que se abordou a historia económica das sambesugas. A entrevista comeza en torno ao minuto 21:30. Moitas grazas a Manuel polo convite. agalegaaudio.gal/videos/220563 #podcast #sambesugas #lagoadeantela #historiaeconomica #historiadamedicina #industriarural

  3. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños (O Covelo) é outro interesante exemplo de multifuncionalidade e de defensa do patrimonio industrial e rural. Podes coñecer os seus proxectos (museo da ceraría, lagar de cera de prensa de viga, ruta do xabriña, etc) na súa páxina web: montesparanhos.com/ #montesveciñais #historiaeconomica #industriarural #covelo #historiaeconomica #multifuncionalidade #accioncolectiva

  4. Nova entrada no blog Debullando o rural. Nesta trátase a relación de Galicia co comercio internacional de sambesugas para uso médico no século XIX. As sambesugas da lagoa de Antela eran as "más preciosas de España, y aún del estrangero (sic)" mariam.gal/galicia-foi-unha-po #historiaeconomica
    #historiarural #lagoadeantela #industriarural

  5. Este artigo publicado na revista Ayer presenta a traxectoria dunha experiencia pioneira no Estado: a primeira Granxa-Escola feminina. Impulsada por Consuelo González Ramos, a iniciativa ofrecía formación específica en industrias rurais #historiaeconomica #industriarural revistasmarcialpons.es/revista

  6. O manexo das abellas e a actividade apícola en xeral experimentou, desde finais do século XIX, unha gran transformación co paso do fixismo ao mobilismo. Ao redor desta cuestión, que temos estudado desde a área de Historia e Institucións Económicas da USC, publicouse un artigo na revista Historia Agraria 👇
    doi.org/10.26882/histagrar.090 #historiaeconomica #abellas #colmeas #industriarural