As mobilizacións populares no ano 1976 contra o proxecto de celulosa no Condado tiveron lugar tanto en Ponteareas como nas Neves #celulosa #manifestacion #eucaliptizacion #historiasocial #histodon
#eucaliptizacion — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #eucaliptizacion, aggregated by home.social.
-
Galicia concentra perto da metade das cortas anuais de madeira do Estado (en volume). As políticas públicas que impulsaron a forestación con especies de crecemento rápido explican este feito que supuxo grandes conflitos coas comunidades locais durante o século XX #forestacion #eucaliptizacion #monte #conflito https://revistas.um.es/areas/article/view/575621
-
Na década de 1970 houbo moitos conflitos en Galicia contra proxectos de celulosas. Velaquí unha nova de 1975 en Ourense #celulosas #historiaambiental #altrinon #eucaliptizacion #historiaeconomica
-
Unha nova entrada no blog Debullando o Rural. Desta volta sobre a participación no XII Simpósio Ibérico sobre o río Minho cun estudo sobre a historia do conflito do proxecto de celulosa no Condado. Un conflito que tivo lugar na década de 1970 e implicou a axentes de Galicia e de Portugal #conflitoambiental #altrinon #historiaambiental #eucaliptizacion #historiaeconomica https://mariam.gal/participacion-no-xii-simposio-iberico-sobre-o-rio-minho-cun-estudo-sobre-a-historia-do-conflito-do-proxecto-de-celulosa-no-condado/
-
Este mes vai ter lugar o XII Simpósio Ibérico Sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho. Neste evento presento, en coautoría con Diego Amoedo, o traballo "Comunidade local e defensa do río Miño: un achegamento á historia do conflito contra a celulosa no Condado". Nel móstranse os primeiros resultados dunha investigación que estamos desenvolvendo sobre este conflito socioambiental dos anos setenta
#xustizaambiental #conflitoambiental #minho #ponteareas #eucaliptizacion https://aquamuseu.cm-vncerveira.pt/pages/589 -
Desde o bloque Debullando o Rural achéganse algunhas reflexións sobre os lumes forestais @raposavermella #lumes #eucaliptizacion #monte #multifuncionalidade https://mariam.gal/debullando-os-lumes-forestais/
-
A forestación forzosa con especies de crecemento rápido e as consecuencias para a poboación local, como a dificultade para manter os aproveitamentos tradicionais do monte, son cuestión importantes que non podemos obviar no contexto actual. Na imaxe a portada da revista El Ecologista de 1979 na que se fala das problemáticas do monte en Galicia naquela altura #eucaliptizacion #lumes #desagrarizacion #rural #resistencia #resiliencia https://revistas.um.es/areas/article/view/575621/375551
-
Nun día como hoxe podemos lembrar mobilizacións populares contra proxectos de celulosas que non se chegaron a realizar. Neste caso vemos a fotografía publicada en El Pueblo Gallego da manifestación feita nas Neves en 1976 contra un proxecto no Condado #historiaeconomica #conflitosocial #eucaliptizacion #AltriNon
-
As administracións publicas teñen impulsado o proceso de eucaliptización e desde antes do franquismo. Na imaxe unha nova de 1925 que informa de que se reparten 10.000 eucaliptos entre concellos de Lugo e Ourense #eucaliptizacion #forestacion #AltriNon #conflitolocal #historiaeconomica #insustentabilidade
-
O proceso de eucaliptización vén de lonxe e estase a fortalecer nos últimos anos coa instalación (ou cos intentos) de industrias demandantes desta árbore alóctona, para produción de celulosa ou de electricidade. Na imaxe un anuncio de venda de eucaliptos publicado no xornal crónica de Pontevedra, no ano 1886 #altrinon #eucaliptizacion #insustentabilidade #defensadoterritorio
-
Este é un exemplo recollido en prensa do ano 1929 que mostra actos de apoloxía do eucalipto nas prantacións públicas no Galleiro en Ponteareas. Os escolares de Cristiñade recibiron cada un 14 eucaliptos para levar ata as súas casas, tal e como se recolle neste artigo: https://doi.org/10.6018/areas.575621 #eucaliptizacion #historiaeconomica #ponteareas #ribadetea #conflito #forestacion
-
O proxecto de celulosa no Condado en 1976 xerou moita oposición veciñal. Pola contra, como mostra esta nova, o goberno municipal apoiou a instalación desta industria #altrinon #conflitividade #ponteareas #resistencialocal #eucaliptizacion #historiaeconomica
-
Houbo diversos conflitos contra proxectos de celulosas en Galicia, como o acontecido no Condado. Velaquí unha nova de 1976 sobre a oposición organizada nas Neves #altrinon #insustentabilidade #resistencialocal #ocondado #eucaliptizacion
-
Nas últimas décadas houbo moitos conflitos, algúns deles só visíbeis a nivel local, vinculados co monte. Varios deles estiveron relacionados coas centrais de combustión de biomasa para producir electricidade. Un destacado foi o de Ribadetea (Ponteareas) que logo se trasladou a Mondariz. Velaquí unha xornada sobre este conflito, organizada no 2011 polo Ateneo Libertario Lume Negro, que tivo un bo final #eucaliptizacion #incineracion #conflitosocial #insustentabilidade #resistencialocal
-
CW: Van chegar de novo os incendios á Galiza...
Van comezar os incendios e de novo vai saír a explicación reducionista de que todo é culpa duns pirómanos hipotéticos que ninguén coñece nunca. Xamais abranguiremos a verdadeira dimensión do problema mentres non problematicemos a relación do noso modo de produción co medio ambiente. O gran motor dos incendios e da desertificación galega non é ningunha rede conspiranoica, é o sistema socioambiental mesmo que volve á natureza algo alleo a nós suxeito á desatención e explotación.
Faltan análises estruturais da relación do Estado Espanhol, da Xunta e do caráter subsidiario de Galiza dentro de Unión Europea coa depredación ambiental que padecemos e o despoboamento do rural. Son todas dinámicas continxentes a un proceso de acumulación do capital. Despoboado o rural, privatizados os montes comunais, dependendo a xente do mercado para satisfacer as súas necesidades... a poboación flúe cara as cidades, onde o medio natural se lles presenta coma algo externo e a xestión dos montes pasa dende as mans da comunidade ás mans do capital. Soamente polo proceso de acumulación do capital foi eucaliptizada Galiza, soamente por iso foron anegadas vilas enteiras por encoros, e de novo polo proceso de acumulación do capital proliferan os macroeólicos que expulsan á poboación tradicional das aldeas.
E van chegar os incendios outro ano máis e ninguén pensará nas institucións que depredan o noso medio porque estarán ocupades anoxándose cuns pirómanos conspiranoicos que non existen. E a Xunta, o tecido empresarial e o Estado saen gañando de novo.
#incendios #Galiza #Galicia #capitalismo #despoboamento #macroeolicos #eucaliptizacion