home.social

#cmvmc — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #cmvmc, aggregated by home.social.

  1. Os baldios son o equivalente aos Montes Veciñais en Portugal. A Baladi - Federação Nacional dos Baldios é a sua principal entidade asociativa #commons #accioncolectiva #baldios #cmvmc #montesvecinhais
    baladi.pt/

  2. Xa se achega o tempo dos cogumelos. En Galicia onde temos unha normativa específica, existen cada vez mais exemplos de Comunidades de Montes que autoxestionan este recurso endóxeno. #cogumelos #micoloxia #montesveciñais #cmvmc #collectiveaction #mushrooms #fungi + info sobre os coutos micolóxicos nos montes veciñais: sciencedirect.com/science/arti

  3. Cada vez máis comunidades de montes veciñais en man común articulan as súas iniciativas ao redor da multinacionalidade e do aproveitamento dos recursos endóxenos. Este texto trata sobre estas dinámicas na acción colectiva. #cmvmc #accioncolectiva #commons #montesveciñais #comunidadesdemontes theconversation.com/montes-vec

  4. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar) é un exemplo de multifuncionalidade e creatividade nas súas actuacións. Así, teñen produción de shii-take e pequenos froitos do bosque certificados en ecolóxico, mais tamén contan con proxectos vinculados coa cultura galega como o Bosque da Língua. Podes atopar información sobre as iniciativas que desenvolven na súa páxina web: montesdecouso.gal #sustentabilidade #montesveciñais #accioncolectiva #cmvmc #multifuncionalidade

  5. Galicia Puteada... Esta era a temática central do exemplar número dous da revista El Ecologista , de decembro do ano 1979. Pode sorprender (ou cecais non) que moitas das problemáticas que aparecían neste número da revista sigan estando totalmente vixentes na actualidade (celulosas, defensa dos montes veciñais, alúmina, repoboacións forestais con especies de crecemento rápido, etc). O exemplar pódese consultar nesta ligazón: ecologistasenaccion.org/public #cmvmc #conflitoambiental #defensadoterritorio

  6. Os Montes Veciñais en Man Común de Galicia e os Baldios de Portugal son propiedades comunitarias que contan con traxectorias sociais, económicas e ambientais moi semellantes. Velaquí o artigo "Montes Veciñais en Man Común e Baldios: Unha análise comparativa das propiedades comunitarias de Galicia e Portugal" no que se comparan ambas figuras de xestión colectiva do monte revistas.usc.gal/index.php/sem #cmvmc #accioncolectiva #montesveciñais #ostrom #recursosdeusocomun #comunidadesdemontes