home.social

#colmeas — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #colmeas, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Non dispoño de moita información sobre Alfredo Malttuita, un apicultor francés que se anunciou en varias ocasións no xornal El Tea. Até o momento atopei algunha cuestión de interese, como que instalou varias colmeas mobilistas, tipo layens, no ano 1914 en terreos de persoas interesadas en Padróns e Fozara (Ponteareas) #apicultura #colmeas #ponteareas #beekeeping #histodon #historiaeconomica

  2. Non dispoño de moita información sobre Alfredo Malttuita, un apicultor francés que se anunciou en varias ocasións no xornal El Tea. Até o momento atopei algunha cuestión de interese, como que instalou varias colmeas mobilistas, tipo layens, no ano 1914 en terreos de persoas interesadas en Padróns e Fozara (Ponteareas) #apicultura #colmeas #ponteareas #beekeeping #histodon #historiaeconomica

  3. As colmeas modernas (mobilistas) foron desplazando progresivamente o lugar das fixistas (trobos, cortizos e covos) en Galicia .Na imaxe vese un anuncio dun establecemento que tiña venda de colmeas en Ponteareas. + Info da modernización apícola neste artigo divulgativo: theconversation.com/asi-se-han #beekeeping #histodon #colmeas #abellas #historiaagraria #ponteareas #apicultura

  4. Coa expansión da apicultura mobilista, denominada así por ter cadros móbiles, apareceron diferentes modelos de colmeas modernas. En Galicia hai varios exemplos de innovación nas colmeas, sendo os máis coñecidos os de Benigno Ledo. Na imaxe vese a colmea inventada por Sanjurjo Badía no ano 1909 #historiaagraria #colmeas #beekeeping

  5. O artigo divulgativo que temos publicado en The Conversation “Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos” acaba de superar as 20.000 lecturas. Estamos moi contentas de que o traballo estea a ter esta gran difusión, con impacto en varios países de América do Sur. @raposavermella #apicultura #beekeeping #colmeas #abellas #divulgacion #historiaagraria #historiaeconomica theconversation.com/asi-se-han

  6. No fomento da apicultura moderna as revistas apícolas comparaban os resultados económicos previstos dos dous modelos apícolas. Velaquí esta interesante lámina publicada na revista La Colmena no ano 1927 en favor das colmeas de cadros móbiles #apicultura #historiaagraria #cambiotecnoloxico #colmeas #beekeeping historiaagraria.com/en/issues/

  7. Nas conclusións do 1º Congreso de Economía Gallega que tivo lugar en Lugo no 1925 faise mención expresa ao fomento da apicultura moderna a partir dunha ponencia de Benigno Ledo #historiaeconomica #apicultura #historiaagraria #colmeas #abellas #beekeeping Sobre o paso das colmeas da apicultura fixista ás da apicultura mobilista + info neste texto feito xunto a @raposavermella: theconversation.com/asi-se-han

  8. Nas conclusións do 1º Congreso de Economía Gallega que tivo lugar en Lugo no 1925 faise mención expresa ao fomento da apicultura moderna a partir dunha ponencia de Benigno Ledo #historiaeconomica #apicultura #historiaagraria #colmeas #abellas #beekeeping Sobre o paso das colmeas da apicultura fixista ás da apicultura mobilista + info neste texto feito xunto a @raposavermella: theconversation.com/asi-se-han

  9. No cambio tecnolóxico que supuxo o paso das colmeas fixistas ás mobilistas unha persoa relevante foi Bertha Wilhelmi. Esta muller, residente en Granada, publicou textos para divulgar a moderna apicultura en revistas de finais do XIX. Velaquí un de 1888 sobre "colmenas de panal movible" #apicultura #historiaeconomica #abellas #colmeas

  10. O vindeiro xoves participarei nesta actividade de divulgación de investigacións feitas desde o Campus Terra de Lugo (USC). Falerei do paso da apicultura fixista á mobilista en Galicia, é dicir, das colmeas tradicionais con cadros fixos ás modernas con cadros móbiles. Neste proceso Lugo tivo un papel moi relevante da man de Benigno Ledo e a Deputación provincial. #apicultura #colmeas #beekeeping #historiaeconomica #campusterra #usc #cambiotecnoloxico #Lugo

  11. O manexo das abellas e a actividade apícola en xeral experimentou, desde finais do século XIX, unha gran transformación co paso do fixismo ao mobilismo. Ao redor desta cuestión, que temos estudado desde a área de Historia e Institucións Económicas da USC, publicouse un artigo na revista Historia Agraria 👇
    doi.org/10.26882/histagrar.090 #historiaeconomica #abellas #colmeas #industriarural