Cousas sorprendentes que aparecen nun proceso investigador... Nunha comisión de investigación no senado de EE.UU. de 1929 sobre a "ergot controversy" falouse das exportacións de cornecho desde Galicia, concretamente desde Dacón (Maside) #ergot #cornecho #historiaeconomica #historiaagraria #histodon
#historiaagraria — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #historiaagraria, aggregated by home.social.
-
De cando se tivo medo en Lugo da chegada da temible praga da lagosta.... Nun Boletín Oficial desta Provincia no ano 1900 alertábase da súa presenza no Bierzo e detallábanse os impactos deste insecto nos cultivos #historiaagraria #histodon #historiaeconomica #langosta #lugo
-
O sábado 18 de abril vou participar nas Xornadas Internacionais da XXXVIII da Feira Apícola Rías Baixas cunha ponencia titulada "O patrimonio industrial apícola cereiro no noroeste da península ibérica". O evento, que vai ter lugar no Porriño, conta cun amplo programa de actividades que se pode consultar neste enlace: https://apicoladegalicia.com/feira-apicola-2026/ #apicultura #lagaresdecera #historiaeconomica #historiaagraria #patrimonio #beekeeping
-
A Cooperativa Escolar Rural de Budiño foi unha interesante iniciativa educativa que se desenvolveu ata 1936 neste lugar do Porriño #historiaagraria #histodon #porriño
-
O 18 de xuño de 1936 publicábase o proxecto de lei de Bases sobre fomento e defensa da riqueza apícola. No punto 1 declarabase de utilidad social a Apicultura e prohibíase o establecemento de ningún imposto sobre as colmeas e os apiarios. O alzamento militar que tivo lugar pouco despois fixo que non tivese máis percorrido #apicultura #beekeeping #historiaagraria #histodon
-
As colmeas modernas (mobilistas) foron desplazando progresivamente o lugar das fixistas (trobos, cortizos e covos) en Galicia .Na imaxe vese un anuncio dun establecemento que tiña venda de colmeas en Ponteareas. + Info da modernización apícola neste artigo divulgativo: https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295 #beekeeping #histodon #colmeas #abellas #historiaagraria #ponteareas #apicultura
-
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acordou fai uns meses incoar o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Poza do Piñeiro (O Covelo). Na imaxe vese esta singular poza situada no Suido e que está feita para a rega de cultivos situados a bastante distancia #historiaagraria #historiaeconomica
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250717/AnuncioG0766-090725-0001_gl.html -
Moi sorprendido, decepcionado e enfadado tras visitar a exposición "Abellas e abelleiros" no museo provincial de Lugo. Sen entrar nos contidos, hai multiples grallas e un desleixo absoluto pola lingua (tradutor automático?). O pior ver "Ou curas dás abellas"... Non se respeta nin á figura de Benigno Ledo... E ademais é un feito reincidente xa que a exposición sobre a Galicia cereira do ano pasado tiña as mesmas problemáticas... #historiaagraria #benignoledo #apicultura
-
A mediados do século XX o cornello do centeo era un produto relevante con importancia comercial en Galicia, principalmente na provincia de Ourense. Na imaxe vese un anuncio de prensa de 1946 duns almacéns que tiñan entre os seus produtos "cornezuelo de centeno" #cornello #historiaeconomica #historiaagraria
-
A expansión da utilización dos adubos químicos na agricultura supuxo unha perda da autonomía labrega e unha ruptura do modelo orgánico e do peche dos ciclos. Velaquí un anuncio de venda de diferentes tipos de abonos #historiaagraria
-
📰 O número 47 do jornal MAPA inclui uma entrevista de três páginas à equipa do projecto #FIREUSES — "Paisagens de Fogo", na qual falaram sobre mega-incêndios, o fogo como sujeito político, os eucaliptos, a gestão da paisagem em Portugal, entre outros temas.
Já nas bancas!
#Histodons #EnvironmentalHistory #RuralHistory #SocialHistory #OnTheMedia #History #Sociology #Wildfires #ForestFires #IncêndiosEmPortugal #FogosPT #FogosFlorestais #HistóriaAmbiental #HistóriaAgrária #HistóriaSocial
-
As multas á poboación local por levar gando ou aproveitar os recursos do monte común son anteriores ao franquismo. Velaquí unha queixa de 1918 sobre o que estaba acontecendo desde o inicio das plantacións forestais forzosas públicas de principio do seculo XX. + Info neste artigo: https://revistas.um.es/areas/article/view/575621/375551 #historiaeconomica #historiaagraria #ponteareas #monte
-
Esta conferencia sobre a apicultura moderna (mobilista) feita por Benigno Ledo no ano 1919 tivo gran repercusión. De feito, supuxo un fito relevante dentro do proceso que o levou a encabezar iniciativas de divulgación das innovacións apícolas, especialmente na provincia de Lugo #BenignoLedo #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura Aquí hai máis información sobre o papel de benigno Ledo na modernización da apicultura galega: https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/623/569
-
Esta curiosa entrada encontreina nun exemplar do xornal El Tea de novembro do ano 1921 #ponteareas #ElTea #historiaagraria
-
📰 O número de Outubro da Le Monde Diplomatique (PT) inclui um ensaio de Frederico Ágoas, Miguel Carmo e José Ferreira, decorrente do projecto #FIREUSES, intitulado "Uma catástrofe (não) anunciada. História e política dos grandes #incêndios em Portugal"
👉 Encontram a revista nas bancas ou em https://pt.mondediplo.com/
#Histodons #History #Sociology #EnvironmentalHistory #Wildfires #ForestFires #IncêndiosEmPortugal #FogosPT #FogosFlorestais #HistóriaAmbiental #HistóriaAgrária #HistóriaSocial
-
Esta nova do xornal El Tea recolle as categorías e os premios do concurso de gando que tivo lugar en Fornelos da Ribeira (Salvaterra) en outubro do ano 1927. Segundo conta a nova, o acto estivo organizado pola "Sociedad Juventud Progresiva Hijos de Fornelos y anexos en Buenos Aires" e foi secundado polo "Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso" de Fornelos da Ribeira #historiaagraria #historiaeconomica #agrarismo #ponteareas #salvaterra #ElTea
-
Un estudio rescata la historia de más de 10.000 conferencias impulsadas por la Ley de Enseñanza Agrícola de 1876 - Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia.
Esta é outra nova sobre o artigo que acaban de publicarnos na revista Historia y Política #historiaagraria #historiaeconomica
https://www.diariodesantiago.es/santiago/un-estudio-rescata-la-historia-de-mas-de-10-000-conferencias-impulsadas-por-la-ley-de-ensenanza-agricola-de-1876/ -
Neste traballo analizouse como foi o proceso de desenvolvemento das conferencias feitas a partir da lei de ensinanza agrícola de 1876. No estudo identificáronse máis de 10.000 conferencias #historiaagraria #historiaeconomica #innovacionagraria #usc #divulgacioncientifica https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/estudo-identifica-10000-conferencias-organizadas-lei-ensinanza-agricola-1876
-
Coa expansión da apicultura mobilista, denominada así por ter cadros móbiles, apareceron diferentes modelos de colmeas modernas. En Galicia hai varios exemplos de innovación nas colmeas, sendo os máis coñecidos os de Benigno Ledo. Na imaxe vese a colmea inventada por Sanjurjo Badía no ano 1909 #historiaagraria #colmeas #beekeeping
-
O artigo divulgativo que temos publicado en The Conversation “Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos” acaba de superar as 20.000 lecturas. Estamos moi contentas de que o traballo estea a ter esta gran difusión, con impacto en varios países de América do Sur. @raposavermella #apicultura #beekeeping #colmeas #abellas #divulgacion #historiaagraria #historiaeconomica https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295
-
Aínda se poden ver as colmeas tradicionais (cortizos, trobos ou covos) en áreas rurais. Esta clase de colmeas fixistas foi a predominante en Galicia ata a década de 1980. No texto enlazado abórdase a modernización das colmeas ao longo do tempo #historiaagraria #apicultura #beekeeping #historiarural https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295
-
🔥 O projeto #FIREUSES publicou três entrevistas sobre o estudo do fogo em Portugal: com a geógrafa Raquel Soeiro de Brito, com o engenheiro silvicultor João Filipe Bugalho e com o engenheiro agrónomo João Castro Caldas.
Os vídeos contaram com a colaboração da TERRATREME Filmes.
👉 https://projetos.dhlab.fcsh.unl.pt/s/fireuses/page/entrevistas
#Histodons #EnvironmentalHistory #Wildfires #ForestFires #IncêndiosEmPortugal #FogosPT #FogosFlorestais #HistóriaAmbiental #HistóriaAgrária #HistóriaSocial #PaisagensDeFogo #SocialHistory
-
Publicada unha nova entrada no blogue Debullando o Rural. Trata sobre o recoñecemento que ten recibido o artigo publicado na revista Medical History recentemente no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou #sambesugas #premio #historiaeconomica #historiaagraria #lagoadeantela https://mariam.gal/xvii-premio-de-historia-agraria-ramon-garrabou/
-
Velaquí a crónica da xornada sobre a historia da apicultura en Galicia na que participei fai unhas semanas falando da modernización da apicultura e o papel de Benigno Ledo #apicultura #beekeeping #historiaagraria #benignoledo #historiaeconomica
Convivio na Casa das Abellas: pasado e presente da apicultura galega – Máisquemel
https://maisquemel.gal/convivio-na-casa-das-abellas-pasado-e-presente-da-apicultura-galega/ -
Moi contento polo recoñecemento no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou #historiaagraria #historiaeconomica #lagoadeantela #sambesugas #divulgacioncientifica
-
Onte participei nunha interesante xornada na Casa das Abellas (Abegondo). Nela falouse sobre a apicultura pasada e presente. Na palestra abordei a historia da modernización da apicultura en Galicia (o paso da apicultura fixista á mobilista) mostrando as iniciativas de divulgación da apicultura moderna feitas entre finais do XIX e a primeira metade do XX. Na charla destacouse a figura de Benigno Ledo e o papel da Deputación de Lugo @raposavermella #apicultura #historiaeconomica #historiaagraria
-
Este fin de semana participarei nunha actividade na Casa das Abellas (Abegondo) facendo unha achega sobre a dinámica histórica da modernización da apicultura en Galicia e o papel que tivo Benigno Ledo neste proceso #apicutura #historiaagraria #historiaeconomica #abellas
https://maisquemel.gal/convivio-no-ecomuseo-casa-das-abellas-2/ -
No fomento da apicultura moderna as revistas apícolas comparaban os resultados económicos previstos dos dous modelos apícolas. Velaquí esta interesante lámina publicada na revista La Colmena no ano 1927 en favor das colmeas de cadros móbiles #apicultura #historiaagraria #cambiotecnoloxico #colmeas #beekeeping https://historiaagraria.com/en/issues/damian_copena-de_la_apicultura_fijista_a_la_movilista_politicas_publicas_y_dinamicas_de_la_modernizacion_del_sector_apicola_espanol_1867-1980
-
Benigno Ledo destacou polo fomento da innovación técnica na apicultura. Mesmo chegou a patentar colmeas de cadros móbiles como a "Ledo-Argozón" no ano 1923 #apicultura #beekeeping #histodon #historiaagraria #curadasabellas Sobre o papel de Ledo na modernización da apicultura galega pódese consultar este traballo: https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/623/569
Sobre a modernización das colmeas o seguinte texto: https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295 -
Campo Galego faise eco da investigación sobre a modernización da apicultura en Galicia e o papel que tivo Benigno Ledo neste proceso #apicultura #beekeeping #historiaeconomica #historiaagraria https://www.campogalego.gal/benigno-ledo-o-cura-das-abellas-figura-clave-na-modernizacion-da-apicultura-en-galicia/
-
Neste podcast de Efervesciencia abórdase o traballo de investigación sobre a febre de ouro das sambesugas #historiaeconomica #historiaagraria #divulgacioncientifica #lagoadeantela https://www.ivoox.com/en/efer-699-20-2-25-a-febre-do-ouro-das-audios-mp3_rf_145268072_1.html
-
Este é o lagar da cera de Sagallos (Manzanal de Arriba, Zamora). Certamente esta infraestrutura é un importante exemplo de patrimonio apícola cereiro #patrimonio #apicultura #beekeeping #cera #lagardecera #historiaagraria #historiaeconomica
-
O lagar da cera de prensa de viga de Paraños (o Covelo) é un dos que poucos se conservan no sur de Europa. Ademais ten a singularidade de que se chegou a por en funcionamento nos últimos anos #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura #cera #lagaresdecera #museocereiro
-
Publicada unha nova entrada no blog Debullando o rural. Nesta ocasión preséntase o recente artigo publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos “Benigno Ledo, o Cura das abellas, e a modernización da apicultura en Galicia” #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura #beekeeping #abellas
-
Este é o impresionante lagar da cera de prensa de viga que se conserva en Robledo en Sanabria (Zamora). A industria cereira foi unha actividade históricamente moi importante nalgunhas áreas rurais vinculada coa apicultura fixista: https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295 #apicultura #beekeeping #historiaeconomica #historiaagraria #abellas #cera
-
Nas conclusións do 1º Congreso de Economía Gallega que tivo lugar en Lugo no 1925 faise mención expresa ao fomento da apicultura moderna a partir dunha ponencia de Benigno Ledo #historiaeconomica #apicultura #historiaagraria #colmeas #abellas #beekeeping Sobre o paso das colmeas da apicultura fixista ás da apicultura mobilista + info neste texto feito xunto a @raposavermella: https://theconversation.com/asi-se-han-modernizado-las-colmenas-empleadas-en-apicultura-durante-los-ultimos-siglos-249295
-
A investigación sobre Benigno Ledo e a modernización da apicultura en Galicia está a ter bastante difusión #apicultura #beekeeping #benignoledo #abellas #historiaeconomica #historiaagraria
-
No blog de Cambridge Core, no que divulgan algunhas investigacións, acaban de destacar o artigo publicado na revista Medical History sobre o comercio hispano-francés de sambesugas para uso médico das primeiras décadas do século XIX #historiaeconomica #lagoadeantela #sambesugas #historiaagraria #medicalhistory https://www.cambridge.org/core/blog/2024/12/16/spanish-french-leech-trade-and-its-consequences-from-the-increase-in-medical-demand-to-resource-depletion-and-technical-innovation/
-
A lagoa de Antela, desecada pola ditadura franquista, foi un área moi relevante no comercio internacional de sambesugas. Este artigo científico publicado na revista Medical History amosa como era o comercio das sambesugas, a lexislación vinculada, as solucións tecnolóxicas e a importancia económica do mercado hispano-francés desde a década de 1820 ate ben avanzado o século XIX. + info: https://doi.org/10.1017/mdh.2024.5
#sambesugas #lagoadeantela #leeches #historiaeconomica #historiarural #historiaagraria -
📖 In a paper published in the Journal of Ethnobiology, Marta Macedo examines "how cannabis was part and parcel of the lives of peoples from Angola recruited to São Tomé and, consequently, of the island's plantation worlds in the late nineteenth century." 🇸🇹
🔓#OpenAccess:
https://journals.sagepub.com/doi/10.1177/02780771231222335#Histodons #EnvHum #EnvironmentalHistory #EnvironmentalHumanities #Ethnobiology #AgrarianHistory #HistóriaAmbiental #Angola #SãoTomé #Cannabis #Plantations #HistóriaAgrária
-
📖 Fruto de las investigaciones que realizó como investigador postdoctoral en el IHC, Rubén Pérez Trujillano ha publicado un artículo en la revista #HistoriaAgraria sobre los conflictos sociales y políticos por el acceso al agua, tomando como caso de estudio la zona de Higuera de la Sierra (España) en los siglos XIX-XX.
🔓 En #AccesoLibre: https://doi.org/10.26882/histagrar.091e01t
#Histodons #Law #NewPaper #RuralHistory #SocialConflicts #AccessToWater #Spain #España #AccesoAlAgua #ConflictosSociales #Justicia