#movilidade — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #movilidade, aggregated by home.social.
-
Esta imaxe é desta mañá no Hospital Clínico de Santiago, na entrada de consultas externas.
Parece que instalar un aparcabicis pode ser boa idea :blobthinksmart:
-
Hoxe a mañá tiven que ir a #Arteixo por traballo. O do atasco (aínda que bastante fluído, pero atasco) ao final da A-6 é de todos os días?
Si é así claramente algo se está a facer moi mal no deseño do transporte público. A ese polígono entra moita xente (o cal é comprensible e esperable) e fanno dunha forma moi pouco eficiente.
-
A cidade suma dous quilómetros de carril bici en Xoán XXIII e na avenida do Burgo das Nacións.
E parece qu vai ser un carril bici xeitoso, non coma o existente no entorno da Intermodal, que é inusable.
-
A USC amplía o programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas tras o éxito inicial
Agardando a que se amplíe por parte do concello a toda a cidadanía :ablobbouncefast:
E xa se algún día fan que haxa un abono único para todo Galiza xa sería maravilloso :ablobcheer:
-
Deixo por aquí esta lectura recomendada para todos aqueles que habitualmente vos movedes en #bici ou estades pensando en comezar a facelo.
Fan unha moi boa análise da situación da bici en #Galiza tanto a través de persoas que relatan as súas experiencias coma entrevistando a asociacións a prol da bici de diferentes cidades galegas.
Tédelo ao voso dispor en varias bibliotecas públicas: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=2105125
-
Hoxe dediquei uns 15 min para pillar un billete a Vilagarcía para ir a praia.
Como no traxecto Santiago - Vilagarcía non había prazas, dividín a viaxe en 2: Santiago - Padrón e Padrón - Vilagarcía. De esta forma con cambiar de asento en Padrón xa teño praza.Se tivésemos un #TrenDeProximidade como Deus manda podería chegar a estación e pagar cómodamente coa TMG e incluso viaxar de pé se fixese falta.
Os servizos actuais de #Renfe non son nada áxiles para o día a día.
-
«Renfe no tiene planes de reeditar [o tren nocturno] al considerar que con la extensión de la alta velocidad ya no son necesarios»
"Quin li ixtinsín di li ilti vilicidid yi ni sin nicisiris"
Cando seremos un país normal con servizos públicos decentes? :ablobunamused:
Os prezos da alta velocidade non están ao alcance de todos e os horarios están deseñados para ir a Madrid.