#galizattd — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #galizattd, aggregated by home.social.
-
Hai case catro anos comezaba un proxecto que conectaba cunha parte da miña infancia. @GalizaTTD naceu coma un redescubrimento de OpenTTD, buscando facer unha maqueta viva de Galiza no videoxogo. Medrou moito e mais rápido do que agardaba, e hoxe está coma unha espiña cravada, entre gardado e inacabado. Que pasou co proxecto e cara onde irá agora?
-
🚍🔴 No servidor de #GalizaTTD estabamos mirando de incluir o novo pack de vehículos Húngaros, e sorpresa! Entre eles están os Mercedes-Benz Citaro, igualiños aos que usamos na Coruña no transporte público! 🚌✨
-
Por outra banda, o servidor oficial ímolo enfocar nunha partida permanente coa idea de seguir desenvolvendo o escenario coma unha maqueta virtual. Vai ir moooi a modiño e iremos enfocandonos por obxectivos en distintas zonas ou aspectos segundo o tempo nos vaia dando. Se aínda así che interesase participar del, podes contactarnos por aqui en Mastodon ou a través do Discord (https://i.gal/GalizaTTD) e segundo os que sexamos imos vendo como coordinarnos ou repartirnos o mapa. #GalizaTTD
-
🚄🌍 Nova versión do mapa de Galiza para #OpenTTD dispoñible!
Xa sei que pasaron un par de anos, pero na medida que o tempo o permitiu fixemos moitos cambios. Outros, como o pack de casas, quedarán no tinteiro de xeito indefinido mentres non haxa a capacidade de avanzar nelas. Podes consultar a listaxe de cambios e descargar o escenario e NewGRFs dende o repositorio (https://github.com/GalizaTTD/escenario/blob/main/CHANGELOG.md)
Se tes dúbidas de como xogar, recómendoche os titoriais que tes aquí: https://i.gal/titoriaisGalizaTTD #GalizaTTD
-
Cando te esqueces de facer o mantemento dos teus vehículos #OpenTTD #GalizaTTD
-
Unha das industrias novas que imos engadir na partida de #GalizaTTD que comezaremos para o mes que ven é a do Hidróxeno Verde, tan de moda ultimamente e da que teremos a primeira gran planta de electrólise en Galicia en As Pontes!
-
Pois nos teremos que entrar tamén no #beef da #auga, pois unha das últimas cousas que desenvolvimos foi engadir a industria da Auga no #GalizaTTD. Iso si, facémolo do lado dos que fixeron os cartaces en galego :galician_heart:
https://www.xataka.com/magnet/no-queremos-cabreiroar-a-competencia-galicia-asiste-a-guerra-civil-publicitaria-sus-dos-marcas-agua #nocabreiroarse
#cabreiroar -
Tal día coma hoxe de 1494 asinouse o tratado de Tordesillas. e vos preguntaredes que terá iso que ver con #OpenTTD. Pois que nós o interpretamos o noso xeito e o mapa de #GalizaTTD comeza xusto en Tordesillas e se extende ata o Atlántico.
-
Aproveitando que vin que era o día Mundial do leite fixen unha proba rápida de cómo sería facer unha pequena explotación gandeira con algúns dos novos obxectos #OpenTTD #GalizaTTD
-
Como se adoita dicir por aquí, temos globiños! 🎈
O outro día vin un e quedeime pensando que non os tiñamos no xogo, así que estiven facendo probas e bueno, velaquí o resultado.
O amarelo da dereita leva as cores do xogador. Como o vedes, gustaríavos que inclúa máis deseños? #GalizaTTD #OpenTTD
-
Algunhas das novidades que estamos a introducir nesta versión están relacionadas coa movilidade sostible: Máis tranvias, zonas peonís, con xente andando por elas, e moitas, moitísimas opcións de decoración pra facer parques, bulevares e todo tipo de entornos urbáns ou rurais! #GalizaTTD #OpenTTD
-
Acabo de restablecer a partida co mapa de #GalizaTTD no servidor, de #OpenTTD xa que houbo unha pequena incidencia técnica e xerouse un novo mapa por erro.
Actualmente esta partida está moi avanzada, co mapa no estado o que se chegou tras xogar durante meses máis de 15 persoas.
Na actualidade estamos a traballar nunha nova versión con máis personalizacións e que iremos desvelando de a poucos.
Deixovos algunhas imaxes do estado actual, por se queredes entrar botarlle unha ollada!