home.social

#pcr2026 — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #pcr2026, aggregated by home.social.

fetched live
  1. 2ª crónica da estancia en #Honduras de Alba C. co Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades #PCR2026 e #MulleresBravas

    O que están coñecendo non é "como Galicia hai 50 anos",senon que ten moitos elementos propios contemporáneos (e non son moi bos). Como dixo Nehemías, pescador artesanal:
    —Cuando pasa el camión de las camaroneras, lo único que nos deja es polvo

    Tamén cuestiona o papel dela e que pode deixar a cambio

    👀 LE AQUÍ A CRÓNICA: galicia.isf.es/blog/cronicas-d

  2. O compañeiro Rubén encara a recta final da súa estancia en #Honduras dentro do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades #PCR2026
    Temos aquí a súa segunda crónica, onde nos traslada unha reflexión de Don Modesto, unha das nosas persoas de referencia aló, membro da nosa socia #CODDEFFAGOLF:
    "Que vale máis, un poste da luz ou unha árbore de cen anos?"

    🔗 Mira aquí a crónica: galicia.isf.es/blog/cronicas-d

    #HackersSenFronteiras

  3. Primeiras actividades das participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en #Honduras #PCR2026

    Na súa primeira finde aproveitaron para coñecer Amapala da que, como non podía ser doutro xeito, quedaron namoradxs...

    Tamén empezaron a participar nalgunha actividade coa nosa socia #coddeffagolfhn, como un monitoreo de aves na lagoa de inverno La Alemania en El Tulito, Choluteca 🦢🐍

  4. Hoxe comeza a estancia de Alba C., Rubén e Alba V. en #Honduras, dentro do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades #PCR2026.
    Aló coñecerán os proxectos que estamos a desenvolver de primeira man coas súas protagonistas, as nosas socias hondureñas, especialmente con #coddeffagolfhn
    Para abrir as mentes e aprender moito (e contárnolo!).
    Boa viaxe!

  5. Hoxe tivemos formación sobre tecnoloxía para o ben común e multiculturalidade, moi pensada para as compas que participan no Programa de Coñecemento doutras Realidades #PCR2026

  6. 🇭🇳 Xa temos participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades!

    Aquí podes coñecelas, e saber máis do programa!
    galicia.isf.es/blog/voluntaria

    #PCR2026 #Honduras

  7. O sábado foi un día tranquilo con Esther e Maigra, as #MulleresBravas de #Honduras. Descanso, paseo e boas conversas.

    As participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades de ESF #PCR2026, que visitarán Honduras no verán, tiveron a sorte de coñecer con elas moito sobre o contexto e os desafíos que afrontan día a día.

    Pola noite, confraternización coas compas da revista feminista andaina, na súa pre-celebración do #8m. Moitas grazas pola acollida!