home.social

#mulleresbravas — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #mulleresbravas, aggregated by home.social.

  1. Hoxe as #MulleresBravas de #Honduras marchan de Galicia despois de 8 días que non esqueceremos.
    Onte,con mariscadoras do Río Anllóns,falaron das problemáticas de Honduras como contaminación polas empresas que crían langostinos,e de Galicia,a gran mortandade polas choivas intensas.
    Despois,subida a #MonteNeme, territorio de extractivismo, con #SendaNova e Rede Decrecemento #Carballo que logo nos acolleron para xantar e falar no #casino1889.
    Grazas Maigra e Esther,por compartir a vosa valentía🌊🌱

  2. As #MulleresBravas de #Honduras, Maigra e Mª Esther, xa están en Galicia!😍

    Compartimos a axenda para que non perdas de coñecelas😉

    Estarán en #ACoruña, #Vilagarcía, #Compostela, #Vigo, #Lalín e #Carballo

    Para calquera dúbida loxística ou para anotarte a algún dos xantares fálanos🌞

  3. Aqui vai a última crónica de Aida tras a súa estancia en Honduras co Programa de Coñecemento doutras Realidades, no verán de 2025.

    Nela compártenos fondas reflexións tras entrevistar líderes e lideresas comunitarias, convivir en La Flor e sobre o 2º encontro de Mulleres Bravas que celebramos con moito agarimo 🌸🌽

    Pódelo ler na nosa web: galicia.isf.es/blog/sempre-na-

    #MulleresBravas #PCR

  4. Hoxe foi un día de encontros e celebración :blobhug2:, co xantar de fin de ano, que xa é unha tradición. Tamén tivemos mañá de reflexión sobre o futuro de ESF coas novas ideas que foron xurdindo na elaboración da nosa planificación estratéxica 2026-2030, sempre coa tecnoloxía para o ben común como fío condutor

    #ESFpro #HackersSenFronteiras #MulleresBravas #ESFnaUni #Honduras #Mozambique

  5. O pasado venres na celebración da #CooperaciónGalega #30anos #UnhaCarreiraDeFondo tivemos a Sandra na mesa redonda de experiencias de voluntariado.

    Ela participou en 2024 no noso programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades #PCR, onde hai que facer un esforzo adicional de deconstrución do eurocentrismo. Para nós é unha ponte entre sociedades civiles que teña dobre sentido (de aí a iniciativa de #MulleresBravas).

    En xaneiro esperamos unha nova edición do programa!

  6. Onte tivemos a primeira reunión do novo curso entre xunta directiva e técnicas de ESF. Novos proxectos e cousiñas chulas que se veñen... (e coa recente boa nova da concesión de subvención de #CooperaciónGalega para novas fases dos programas de #MulleresBravas e de #ESFnaUni 🥰 )

  7. Xa temos a Aída e Lorenzo viaxando a #Honduras, como parte do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades neste 2025

    Belén se lles unirá nun par de semanas.
    Dende aló irannos contando as súas vivencias e reflexións.

    Este #PCR2025 é viable grazas aos proxectos #HackersSenFronteiras (para profesorado secundaria e FP),
    #ESFProfesional (para profesionais da enxeñería, tecnoloxía e da economía social) e #MulleresBravas, financiados por #CooperaciónGalega e #IRPF

  8. Onte, última actividade da fase 2 de #Mulleresbravas, co encontro final de avaliación onde Raquel e María #AoPaso nos compartiron a ESF e Amigas da Terra o resultado do seu inxente traballo.

    Este proxecto nos axuda a tecer pontes de persoas e organizacións galegas e hondureñas.

    A todas as participantes (profes da #usc e @uvigo, plataformas de defensa do terrra #ulloaviva #minatouroopinonon ou #amilseneolicos, ao #SindicatoLabregoGalego e ás súa labregas, compas de #agareso)
    💜GRAZAS‼️ 💜

  9. Un novo proxecto de mellora da xestión pública da auga está arrincando en #Honduras, xunto coa Mancomunidade #NASMAR e o #LaboraTe da #USC e fondos da #CooperaciónGalega.

    Onte puidemos presentallo á Embajada de Honduras en España, falando tamén da traxectoria de traballo conxunto.

    Non deixamos de lembrar que, para ESF, unha das claves de facer cooperación é facer ponte entre sociedades civiles daquí e dacolá, como facemos por exemplo co programa #MulleresBravas.

    +INFO: galicia.isf.es/blog/nuevo-proy

  10. A pasada semana no programa de #RNE #SomosCooperación falamos dos proxectos de fortalecemento do sector marisqueo-pesca no #GolfoDeFonseca #Honduras e lagoas de inverno, con
    #CODDEFFAGOLF e con algunha das lideresas dos grupos de marisqueo, neste caso Lourdes, unha das #MulleresBravas que visitaron Galicia.
    Participan tamén nos proxectos #CETMAR #CooperaciónGalega #AECID

    ▶️-19min 47seg rtve.es/play/audios/somos-coop

  11. Onte Nancy e Francisca estiveron pola mañá na #politécnica #Lugo celebrando #DíaDaMullerRural contando a súa experiencia como mulleres labregas e outras das moitas facetas de traballo comunitario que desenvolven (promotoras de saúde, de medioambiente..). #MulleresBravas
    #ESFnaUni #MarchaMundialPolaPazEANonViolencia

  12. Hoxe queremos facernos eco da reportaxe Moluscos bivalvos de la costa pacífica de Honduras, de @dw_espanol onde podemos coñecer a varias das #MulleresBravas coas que colaboramos nos programas con #CODDEFFAGOLF
    🎥 youtube.com/watch?v=spKliriCiS

  13. Onte o Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades no @farodevigo Grazas por darlle visibilidade a estas experiencias de educación crítica e vivencial,con #CODDEFFAGOLF
    telegra.ph/Una-nueva-realidad-
    #PCR2024 #MulleresBravas #ESFnaUni #ESFpro

  14. 3ª crónica de Sandra dende Honduras, participando no Programa de Coñecemento doutras Realidades #PCR2024 co apoio de @ocvudc.
    Reflexións moi acaídas sobre o autoritarismo en #Nicaragua e expectativas do goberno de Xiomara en #Honduras.
    👀 galicia.isf.es/blog/cronicas-d
    #MulleresBravas

  15. Chega a primeira crónica de Sandra da súa estancia en #Honduras🇭🇳 no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades #PCR2024. Primeiras dúas semanas de contrastes galicia.isf.es/blog/cronicas-d
    #MulleresBravas #UniversidadeDaCoruña

  16. O pasado venres coa plataforma #UlloaViva #AltriNON e hai unhas semanas coa #AmilSenEólicos tivemos uns obradoiros de comunicación de guerrillas dentro do proxecto #MulleresBravas, de onde saíron ideiñas chulas que esperamos ver materializadas pronto.
    Se non se conta coa poboación afectada e seguimos con grave déficit nos procesos participativos, esta poboación busca o xeito de facer chegar o descontento ante as ameazas ao seu territorio.
    Con #AGARESO e #AmigasDaTerra

  17. Onte foi un día de encontros e re-encontros. Primeiro tivemos reunión do Grupo de Coidados, falando das persoas, dos grupos e as súas necesidades. Logo pasamos ao encontro de Nadal da base social. Compartimos cousas sobre #Honduras, #Mozambique, Guatemala, Ecuador e do que estamos a facer en Galicia con #MulleresBravas #HackersSenFronteiras #ESFnaUni #BancosDeReciclaxe #MulleresTecnólogasParaOBenComún #DereitoÁAuga...
    E tivemos tempo para as cesta de Nadal para as nosas traballadoras! 🥰

  18. Hoxe é o Día Internacional das Defensoras de Dereitos Humanos. 💚💜
    O programa #MulleresBravas Defensoras da Terra, que desenvolvemos en Honduras-Galicia con @adtgalicia e organizacións irmás en Honduras como #CODDEFFAGOLF naceu precisamente para darlles apoio e visibilizar a súa forza. Elas son exemplo de resistencia e doutro xeito de vivir que transforma o mundo. Non as queremos deixar soas!
    +INFO: es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa