home.social

#librogalego — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #librogalego, aggregated by home.social.

fetched live
  1. "Adelina" (Sandra Lodi, Galaxia, 2025. Premio Castelao Banda deseñada 2024). Non sei ben que opinar. Lodi opta por tentar un equilibrio moi complexo entre narrativa realista e ficción louca, e non estou seguro de se o consigue ou non. O tema reivindicativo funciona (repensar o trato á xente maior).
    Por certo, as edicións de banda deseñada de Galaxia son moi feas, nomeadamente as tampas.
    #recensións #bandadesenhada #librogalego

  2. "O eco dos días rotos" (Alberto Taracido, Demo Editorial, 2025). Un debuxo marabilloso e unha historia ben bonita de antifascismo aldeán nos últimos anos do franquismo.
    #recensións #bandadesenhada #librogalego

  3. As miñas editoriais galegas preferidas son:
    - Rinoceronte
    - Toxosoutos
    Hai outras novas das que non lin nada ou case nada que son moi prometedoras, como Huguin e Munin.
    Todas suman e fan unha labor impagábel, pero o catálogo destas dúas e especialmente acaído para min.
    #editoriaisgalegas #librogalego