home.social

#oldfox — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #oldfox, aggregated by home.social.

  1. E o de mellor director foi para #HsiaoYachuan (Siau Ngá-choân) por #OldFox, un dos grandes vencedores da noite (que tiña pensado ir ver mañá...!).

    Ao recoller o premio, lembrouse de #HouHsiaohsien (Hâu Hàu-hiân), de quen foi asistente en filmes como Flowers of Shanghai e que produciu algunhas das primeiras obras de Hsiao, como Mirror Image. A familia de Hou anunciou hai unhas semanas que o lendario realizador — talvez o máis coñecido dos membros do Novo Cinema Taiwanés — sofre de demencia.

  2. #AkioChen #陳慕義 (Tân Bō͘-gi), que acabou de recoller o premio ao mellor actor secundario polo filme taiwanés #OldFox #老狐狸, botou varios minutos a falar de todos os e as traballadoras que fan posíbel cada filme: as persoas responsábeis pola maquillaxe, a iluminación, a montaxe dos decorados, etc. Cando xa estaba para baixar do palco, lembrouse tamén dos "dous señores que están sempre sentados diante da tela a fumar, sen facer nada..." Referíase ao director e o editor. 🤣🤣🤣

  3. Her #OldFox is one of the great characters and so I’m thrilled that @annelouiseavery is on mastodon! @bookhistodons #litodons #fables