#forcarei — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #forcarei, aggregated by home.social.
-
Hoxe queremos chamar a atención sobre a importancia de contar con datos fiables, así como con ferramentas e metodoloxías que faciliten conseguilos e poñelos a disposición de todo o mundo. É o xeito de buscar solucións con sentidiño.
En #Honduras apoiamos o laboratorio de augas do Sur, así como o proxecto CADMIO (do que hai pouco trouxemos mostras a Galicia).
En Galicia, con apoio de @igalia, coa posta en marcha do laboratorio cidadá de análise de solos da Fundación Galicia Verde en #Forcarei
-
Grazas ás axudas a proxectos ambientais e sociais de @igalia estamos poñendo a punto un laboratorio cidadá de análise de solos en Leboso #Forcarei, coa #FundaciónGaliciaVerde
Unhas reformas que precisaba a casa (eliminar humidades, reparar tellado), e tamén buscar opcións para mellorar a calefacción, así como ir preparando o localciño para o laboratorio no primeiro piso é no que andamos estes días.
-
⚠️ÚNETE AO NOVO GRUPO DE ESF
Neste #DíaMundialDoSolo e do #Voluntariado anunciamos que,coa Fundación Galicia Verde(FGV) e fondos de @igalia,crearase un
🔬🧪Laboratorio Comunitario de Análise de Solo
na sede da FGV, en Leboso (#Forcarei).
Foméntase o ensino de análises simples,para que as interesadas poidan replicalos.Tamén repararase o sistema de xeotermia
Cres que é bo que as persoas teñan a posibilidade de monitorear o solo e outros bens naturais da súa contorna? Contáctanos para colaborar