#ecosdosur — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #ecosdosur, aggregated by home.social.
-
Días intensos nos bancos de reciclaxe electrónica con #SoftwareLibre:
-En #ACoruña onte comezou o curso de Reparación e mantemento básico de equipos informáticos con #ecosdosur
-En #Ferrol o pasado venres repararon con éxito un monitor.
Dende #Vigo promoveuse un encontro con Marta, de #ProjetoReparar Lisboa, para coñecer as súas actividades.
Participa nos bancos! Aquí tes os contactos (en #Compostela está nacendo un novo!):
https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/ -
Estes días está en marcha o curso de mantemento de computadoras e alfabetización dixital con #SoftwareLibre, que organizamos con #ecosdosur e dinamiza o noso Pepe. Serán 35 horas de cacharreo e reapropiación dixital cunhas alumnas super-motivadas! 🥰💻🔧
Proxecto #IRPF #ForaFendaDixital -
Empeza o curso no Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre da Coruña. 3 novos equipos entregados.Novo local anexo na Escola de Camiños que vai vir xenial a nivel loxístico.
Ademais, queremos darlle a benvida a Alfonso e Dixon, aos que Pepe titorizará nos seus primeiros pasos no banco dentro do proxecto con #EcosDoSur financiado con fondos da casiña solidaria do IRPF
Colabora cos Bancos de Reciclaxe, para darlle nova vida a vellas compus 🥰 💻
+INFO: https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/ -
Imágenes del tercer día de curso, con Linux Mint Debian Edition instalado ;) #Cacharreo #Reciclaje con #SoftwareLibre