home.social

#xornalismo — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #xornalismo, aggregated by home.social.

fetched live
  1. 📆 A última xornada de 'Os medios galegos do futuro comezan nas aulas' terá lugar na Facultade de Comunicación da Universidade da Vigo o próximo luns 19 de outubro.

    🗞️ No encontro titulado ‘Os medios en galego ante os novos retos da comunicación’ participarán os profesores de universidade Xosé Baamonde Siva, María Cruz Negreira Rey, a xornalista de Gciencia Laura Filloy e o xornalista e representante do Consello da Cultura Galega Manuel Gago.

    #MediosEnGalego #XornalismoGalego #Xornalismo

  2. A xornalista Laura Moure Miguélez participará no encontro deste xoves 15 na Universidade de Santiago de Compostela, titulado '«Son xornalista». Begoña Caamaño: a voz, o compromiso e a mirada feminista'.

    #XornalismoGalego #MediosEnGalego #Xornalismo #MulleresXornalistas

  3. A xornalista e vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Lucía Junquera Pazos participará no encontro deste xoves 15 na Universidade de Santiago de Compostela, titulado '«Son xornalista». Begoña Caamaño: a voz, o compromiso e a mirada feminista'.
    #XornalismoGalego #MediosEnGalego #Xornalismo #MulleresXornalistas

  4. 📆 Despois do encontro deste mércores na Coruña, o ciclo 'Os medios galegos do futuro comezan nas aulas' continúa o xoves na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    #MediosEnGalego #XornalismoGalego #Xornalismo #MulleresXornalistas

  5. A xornalista Silvia Carregal Martínez
    @asnosasdeportes
    participará no encontro do mércores 14 na Universidade da Coruña, titulado '150 anos do Tío Marcos da Portela'.

    #XornalismoGalego #MediosEnGalego #Xornalismo

  6. Presentámosvos os poñentes! 🎙️

    O xornalista Xurxo Salgado (
    @gconfidencial
    ) participará no encontro do mércores 14 na Universidade da Coruña, titulado '150 anos do Tío Marcos da Portela'.

    #XornalismoGalego #MediosEnGalego #Xornalismo

  7. Presentámosvos os poñentes! 🎙️

    O catedrático da USC Xosé López García participará no encontro do mércores 14 na Universidade da Coruña, titulado '150 anos do Tío Marcos da Portela'.
    #XornalismoGalego #MediosEnGalego #Xornalismo

  8. 🌒A desinformación tamén eclipsa a realidade. Os #MediosEnGalego ilumínana.

    Nun día no que todas as miradas estarán postas no ceo, desde AMEGA queremos poñelas tamén na información que consumimos.

    🔎 Comprobar os feitos.
    📰 Contrastar as fontes.
    💬 Dar contexto e voz.
    📍 Contar o que acontece aquí, desde aquí.

    Porque fronte ao ruído, aos bulos e á desinformación, precisamos máis xornalismo.

    #NonTeDeixesEclipsar. Infórmate nos medios en galego.

    #AMEGA #Xornalismo #Eclipse2026
    #ContraOsBulos

  9. 💙🤍 25 de xullo | Día da Patria Galega

    A democracia tamén se constrúe coa información.

    Por iso hoxe reivindicamos o papel dos medios de comunicación como vertebradores da sociedade, fiscalizadores do poder e garantes dunha cidadanía libre e crítica.

    Os medios en galego non só informan, contan a realidade desde a nosa propia perspectiva.

    Informar en galego tamén é facer patria.

    mediosengalego.gal/amega-tamen

    #DíaDaPatriaGalega #25DeXullo #AMEGA #MediosEnGalego #Galego #Xornalismo #Comunicación

  10. AMEGA participou no XIX Curso de Verán «Traballando en Lingua» da UDC, celebrado en Carballo.

    Na mesa de debate participaron Ubaldo Cerqueiro, secretario da AMEGA e responsable de Quepasanacosta e @xornaldacoruna ; Rebeca Munín, vicepresidenta da asociación e directora da revista Pincha; María Obelleiro, exdirectora de @nosdiario.gal @nosdiario e Xurxo Salgado, director de @www.galiciaconfidencial.com

    #AMEGA #MediosEnGalego #Xornalismo #LinguaGalega

  11. 😔 pobre Lucía Martínez, xornalista, que ten que firmar no xornal titulares como:

    «Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo»

    para captar a atención e provocar que premamos na ligazón, cando supoño que a ele o que lle pide o corpo é escribir:

    «Ismael Ramos hace historia al ganar el prestigioso galardón Premio O. Henry»

    e informar. Un abrazo Lucía 🫂 , espero que algún día poidas exercer con dignidade

    #xornalismo #precariedade #ECG

  12. 🌎 [GL] 🛰️✊ 19/03 20:00h — “Non nos calarán!! Como nos contan as guerras? Xeopolítica e comunicación”. Irene Zugasti debulla as lóxicas da propaganda belicista e alternativas para o xornalismo de paz.

    #Xeopolítica #Xornalismo

    🌐 agora-r.ecoarglobal.org/irene-
    💪 pepaloba.org/?lang=gl#asociate
    ✊ ecoarglobal.org/gl/espazo-acti

  13. 🌎[GL]: 📚🌍 Xornadas Ágora-R 2026: Planeta en Disputa. Alertas Globais e Respostas Populares
    🗓 18–21 marzo · Vigo
    Presentamos a Francesca Cicardi ✊
    Xornalista especializada en Oriente Medio, correspondente e delegada de EFE no Cairo 💡
    O seu traballo céntrase en comprender os conflitos e transformacións políticas na rexión do Mediterráneo e Oriente Medio 🌍

    #ÁgoraR2026 #PlanetaEnDisputa #Xornalismo #OrienteMedio #Vigo

    🌐+info: agora-r.ecoarglobal.org/france

  14. 🌎[GL]: 📚🌍 Xornadas Ágora-R 2026: Planeta en Disputa. Alertas Globais e Respostas Populares
    🗓 18–21 marzo · Vigo
    Presentamos a Pablo Elorduy
    Xornalista e analista político, redactor en El Salto e autor de El Estado feroz
    A súa investigación axúdanos a comprender a represión, os conflitos sociais e as dinámicas de cambio político

    #ÁgoraR2026 #PlanetaEnDisputa #Xornalismo #ConflictosSociais #Vigo

    Pronto máis novidades 👀
    🌐+info: agora-r.ecoarglobal.org/pablo-

  15. Feijoo presentou “50 medidas” contra os incendios. Se gobernou Galiza 2009–2024 con competencias en prevención, por que non implementou isto entón? Os medios actuaron de megáfono sen preguntar. Cres que o xornalismo debe esixir máis contexto? Comenta e comparte. #Galiza #Incendios #Xornalismo

  16. asementeira.gal/
    «A Sementeira concíbese como un espazo para a innovación do xornalismo e da comunicación en galego, especialmente pensado para as xeracións nativas dixitais. É un espazo aberto ao alumnado e alumni da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que poderá visibilizar os seus proxectos nun marco pensado tamén para que o sector profesional descubra novos talentos na creación de contidos informativos e comunicativos».
    #usc #xornalismo

  17. Onte, en #Compostela cheo na #CasaDoTaberneiro pra escoitar ao reporteiro de guerra da CNN-Portugal e de Nós Diario, que traballou desde o #Donbás durante 6 meses informando sobre partes silenciadas dun conflito que dura xa nove anos, fóra do marco propagandístico da OTAN. Organizado por #FundaciónGalizaSempre e #MarDeLumes

    #Xornalismo valiosísimo en tempos escuros pra o mesmo.

Share on Mastodon

Enter the server where you have an account.