home.social

#tecnoloxiaparaobencomun — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #tecnoloxiaparaobencomun, aggregated by home.social.

  1. O pasado sábado fomos moi ben recibidas en #lareiraconf. Alí xs compas voluntarixs Silvia e Fran puideron dar a coñecer o traballo de Enxeñería Sen Fronteiras ás máis de 150 persoas que pasaron polo postiño. Vimos moito interese das asistentes en falar de #TecnoloxíaParaOBenComún.

    #ESFpro #ÚneteAESF

  2. Os Bancos de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre non pararon nin en agosto. Esta semana entregáronse 5 ordenadores a cinco familias en situación de exclusión na zona de #Ferrol

    Esas cinco familias teñen fillxs estudando, a maioría acabando a primaria e facilitarlles un ordenador resultaralles de gran axuda, para reducir a #FendaDixital

    #TecnoloxíaParaOBenComún #ESFnaUni #ESFpro

  3. Xa está dispoñible na nosa web a nova entrada sobre o proxecto "Tecnoloxías libres para a transición ecosocial".

    Unha iniciativa que busca promover unha tecnoloxía que poña no centro ás persoas e ao medioambiente, o intercambio de coñecementos e a creación de vínculos entre comunidades de software e hardware libre.

    Financiado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia na convocatoria 2025-2026.

    👉 galicia.isf.es/blog/tecnoloxia

    #SoftwareLibre #HardwareLibre #TecnoloxíaParaOBenComún