home.social

#sambesugas — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #sambesugas, aggregated by home.social.

  1. Por se alguén ten interese, xa está dispoñible o podcast do programa @efervesciencia.org na radio galega no que se abordou a historia económica das sambesugas. A entrevista comeza en torno ao minuto 21:30. Moitas grazas a Manuel polo convite. agalegaaudio.gal/videos/220563 #podcast #sambesugas #lagoadeantela #historiaeconomica #historiadamedicina #industriarural

  2. Onte participei no programa Efervesciencia da radio galega con @Efervesciencia. Na entrevista falei da historia económica das sambesugas no século XIX e da importancia que tivo Galicia neste proceso. Sobre esta cuestión publicouse o ano pasado un artigo na revista Medical History que se pode consultar nesta ligazón: 👉 doi.org/10.1017/mdh.2024.5 #sambesugas #historiaeconomica #historiarural #lagoadeantela #divulgacioncientifica #historiadamedicina

  3. O espectacular incremento da demanda francesa de sambesugas para uso médico en torno a 1825 e a lóxica do mercado libre, onde a extracción dos recursos non é regulada, provocou o case exterminio das sambesugas da Lagoa de Antela (provincia de Ourense). Velaquí a prohibición da recolección establecida no Boletín Oficial da Provincia no ano 1855. Pódese encontrar máis info neste texto: theconversation.com/cuando-la- #historiaeconomica #lagoadeantela #insustentabilidade #sambesugas #leeches

  4. O espectacular incremento da demanda francesa de sambesugas para uso médico en torno a 1825 e a lóxica do mercado libre, onde a extracción dos recursos non é regulada, provocou o case exterminio das sambesugas da Lagoa de Antela (provincia de Ourense). Velaquí a prohibición da recolección establecida no Boletín Oficial da Provincia no ano 1855. Pódese encontrar máis info neste texto: theconversation.com/cuando-la- #historiaeconomica #lagoadeantela #insustentabilidade #sambesugas #leeches

  5. A lagoa de Antela, desecada pola ditadura franquista, foi un área moi relevante no comercio internacional de sambesugas. Este artigo científico publicado na revista Medical History amosa como era o comercio das sambesugas, a lexislación vinculada, as solucións tecnolóxicas e a importancia económica do mercado hispano-francés desde a década de 1820 ate ben avanzado o século XIX. + info: doi.org/10.1017/mdh.2024.5
    #sambesugas #lagoadeantela #leeches #historiaeconomica #historiarural #historiaagraria