home.social

#relacionssociais — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #relacionssociais, aggregated by home.social.

  1. Dos 17 aos 85 anos, o solarpunk ten acollida

    Cando lle propuxemos aos coñecidos de amarinha.gal falarmos sobre solarpunk a reacción foi bastante homoxénea: "Solarqué?" No Fediverso e noutros nichos do internert, o solarpunk é coñecido, é venerado como unha fonte de esperanza e inspiración. Pola contra, no mundo cotián dun pobo costeiro do norte lucense, o termo solarpunk, aínda que teña preto de vinte anos, parece acabado de inventar. O pasado venres 31 de outubro fixemos outra das nosas xuntanzas mensuais na biblioteca […]

    blogs.amarinha.gal/lucia_ferro

  2. Xuntanzas pequenas con grandes resultados

    A dinamización cultural é unha tarefa pouco valorada. Os dinamizadores acostuman a dispor de poucos recursos pero sobre todo de pouco tempo, xa que a miúdo se considera unha tarefa para ser feita como ocio. Tamén require moito agarimo por parte dos organizadores, deben coñecer o recanto cultural que se pretende exercitar e vivir preto da poboación á que vai dirixido. O reto definitivo, dende logo, é o de chegarlle a un grupo variado de persoas. Esta afirmación parece unha […]

    blogs.amarinha.gal/lucia_ferro