home.social

#poesiagalega — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #poesiagalega, aggregated by home.social.

fetched live
  1. A raíz dun faro é un corazón de luz tecido por moitos outros q sabían ler as estrelas, coida de quenes non ve para que non morran afogando en escuridades tralo solpor, fai q non se perdan entre néboas ou lóstregos q nin chamaron, nin provocaron

    A farosofía é todo o q esta humanidade precisa para non afundirse nas súas propias tebras: acubillarse e guiarse uns aos outres, sen verse nen coñecerse e para non esvaecer...

    #SilentSunday #lighthouse #poesíaGalega #Galiza

  2. O teito é de pedra.
    De pedra son os muros
    i as tebras.
    De pedra o chan
    i as reixas.
    As portas,
    as cadeas,
    o aire,
    as fenestras,
    as olladas,
    son de pedra.
    Os corazós dos homes
    que ao lonxe espreitan,
    feitos están
    tamén
    de pedra.
    I eu, morrendo
    nesta longa noite
    de pedra

    Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro describindo o sentir do vivir nunha dictadura
    Non máis noites de pedra, nin aqui nin en ningures..

    #poesíaGalega #Galiza #antifascismo #memoriahistorica #franquismo

  3. En 2023 Xosé de Cea publicou un poemario desde unha sensibilidade decrecentista e consciente do colapso, "Dende a miña barricada de sofás e canapés". Temos o pracer de presentarvos hoxe unha pequena selección dos seus textos. A imaxe que ilustra a escolma é unha pintura de Panduriño que protagoniza a capa do libro.
    15-15-15.org/webzine/2025/11/1
    #ecopoesia #decrecemento #poesiagalega #colapso

  4. Aquil neno
    pincháballe os ollos
    ós paxaros;
    e gustáballe ver saír
    esa gotiña
    de ar e de lus,
    ise rocío limpo
    de mañanciñas frescas
    .....................
    Logo botábaos
    a voar
    e reíase de velos
    toupar contra o valado
    da súa casa,
    con un ruído
    moi triste
    ..................
    Creceu e foi de aqueles.

    Luis Pimentel, Sombra do Aire na Herba, 1959
    #poesia #poesiagalega

  5. Punteiros de gaita
    acompañábano.
    O pai de negro;
    no mar, unha vela
    branca.

    Os amiguiños levábano.
    Non pesaba nada.
    Abaixo, o mar;
    o camiño no aire
    da mañá.

    Il iba de camisa limpa
    e zoquiñas brancas.
    Os amiguiños levábano.
    Non pesaba nada.

    Luis Pimentel, Sombra do Aire na Herba, 1959
    #poesia #poesiagalega

  6. "Xa máis nada hai que conformidade.
    Nin queda a dignidade da revolta."

    De: "Cidade virtual", 2003
    #salvadorgarciabodaño #poesiagalega #poesia

    SALVADOR GARCÍA-BODAÑO, traducido del gallego por Pura Salceda, en lareversible.blogspot.com/

  7. INVERNO

    Nas portas da cos cotenos
    un trasno xa descretado.
    O fume daquel tellado
    escribe un conto pra nenos.
    Ruxe abourante o trebón
    coma un baixo de orfeón.

    Eduardo Blanco Amor
    #Poesía #Poesíagalega

Share on Mastodon

Enter the server where you have an account.