Dende a #PlataformaUlloaViva queremos darvos as grazas a todos e a todas polo voso traballo e achegas sostidos ao longo dos últimos anos. Por moito que queiran disfrazar isto na Xunta como unha pura decisión burocrática, o arquivo do #ProxectoGama é, de facto, a vitoria dunha mobilización cidadá, masiva e transversal onde a participación de quen formamos parte desta plataforma foi fundamental
Sen dúbida, esta é unha boa nova para un pobo galego que quere deixar de ser terra de sacrificio