home.social

#permaculturagalicia — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #permaculturagalicia, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Clasificando os tomates de gardar. Como son pequenos e se collen cando comezan a virar de color, funcionan moi ben se os veráns son curtos. E pódense almacenar sen transformación.

    A pesar da humidade, a temporada pasada a maioría aguantaron ata marzo, pero algúns inda estaban ben en xuño. A ver este ano 🤞🏽🤞🏽

    #permaculturagalicia #permaculturadopobre #tomatadepenjar

  2. Flores e aromáticas da horta: Clavelinas, caléndula, ruda, pasiflora, amapola, allo elefante e cebola exipcia

    *Editada para engadir outra imaxe

    #permaculturadopobre #permaculturagalicia #permaculture #horta

  3. Eleagnos do xardín dando a benvida á primavera. Unhas árbores marabillosas: dan froita, fixan nitróxeno, resisten o vento...

    #permacultura #eleagno #permaculturadopobre #permaculturagalicia #permaculture

  4. En permacultura hai que mirar o sistema completo: en primeiro plano, o tirabeque, pero non nos podemos esquecer do que moitas veces queda fóra de foco, a terra e os organismos que viven nela. Para que as plantas medren, as nosas hortas non se esgoten, e aforrar esforzo, temos que cultivar tamén toda a cadea trófica do solo

    #permacultura #permaculturagalicia #tirabeques #miñoca #horta

  5. Estas mañás, as follas verdes e brillantes da nespereira destacan entre as herbas inda brancas da xeada. Pasado o equinoccio, e pese ao frío, semella que todo se preparara xa para espertar 🌱🌱

    #permaculturadopobre #permaculturagalicia #permacultura #nespereira #eriobotryajaponica

Share on Mastodon

Enter the server where you have an account.