#nasmar — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #nasmar, aggregated by home.social.
-
💉💦⚠️ Los pasados días tuvimos en #Honduras una importante visita, dentro de un proyecto de salud y agua, para ver la causa de la alta incidencia de la Enfermedad Renal Crónica en varias de las comunidades donde colaboramos.
Investigadoras de 4 universidades de 3 países, con persoas de 3 aldeas, instituciones públicas e nuestras socias #coddeffagolfhn #AHJASA y Mancomunidad #NASMAR, impulsaron una intensísima y muy productiva agenda.
-
Un novo proxecto de mellora da xestión pública da auga está arrincando en #Honduras, xunto coa Mancomunidade #NASMAR e o #LaboraTe da #USC e fondos da #CooperaciónGalega.
Onte puidemos presentallo á Embajada de Honduras en España, falando tamén da traxectoria de traballo conxunto.
Non deixamos de lembrar que, para ESF, unha das claves de facer cooperación é facer ponte entre sociedades civiles daquí e dacolá, como facemos por exemplo co programa #MulleresBravas.
-
Agora mesmo en directo intervención da Mancomunidade #Nasmar, unha das nosas socias en #Honduras no eixo de #DereitoÁAuga. Parabéns polo seu aniversario! https://www.televicentro.com/envivo/8cb65287-04f8-40d2-b73d-946efd5b890d
-
Na comunidade El Sartenejal, do municipio de Nacaome #honduras🇭🇳, houbo estes días moito movemento.
Case está rematado o depósito de auga do seu novo sistema de abastecemento 💦. Aproveitouse para facer unha formación en estación total a persoal técnico, e en xénero a toda a comunidade.+INFO: https://galicia.isf.es/blog/sistema-de-abastecemento-e-formacions-de-xenero-no-sartenejal-honduras/
Actividade dentro do proxecto de mellora da xestión pública e social coa Mancomunidad #NASMAR e financiación da #AECID
-
Hoxe foi un día importante para a xestión pública da auga no noso programa de #DereitoÁAuga #Honduras, coa inauguración do laboratorio de análise de auga da Rexión Valle, de Mancomunidade #NASMAR e SaludHonduras, apoiado por #AECID e #DeputaciónDaCoruña. Pronto contaremos máis detalles!🚰
-
É moi importante a identificación de comunidades (aldeas) con interese na xestión veciñal da auga para o programa de #DereitoÁAuga que desenvolvemos no #GolfoDeFonseca #Honduras con Mancomunidad de Municipios #Nasmar e a asociación #Ahjasa (Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento).
A semana pasada houbo presentación do programa na comunidade de El Fortín, para ver se a veciñanza ten interese en unirse ao programa de fortalecemento da sua Junta Administradora de Agua -
#DiaMundialDaAuga. En #Honduras, coa Mancomunidade #NASMAR e #SESAL (Secretaría de Salud), estase acondicionando un laboratorio completo para analíticas de augas no sur do país. As afeccións renais na zona hai anos que son moito maiores que no resto do país e o laboratorio facilitará o monitoreo continuado para determinar as causas e poñer remedio