home.social

#literaturagalega — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #literaturagalega, aggregated by home.social.

  1. Alguém pode acreditar nisto? No instituto da minha filha nom lhes falarom este ano da homenageada polo #DiaDasLetras galegas, Begonha Caamanho, (polo menos ao seu grupo) nem pugerom cartaz nem figerom atividade nengumha. Nom se supóm que é precissamente para isso que existe este día? Será que há censura como fijo a Junta c'o trabalho ganhador do concurso escolar sobre a autora? Que outra explicaçom pode haver? 🤔

    #BegonhaCaamanho #LiteraturaGalega #LetrasGalegas

  2. Non me explico como "Besta do seu sangue (Emma Pedreira, Xerais, 2018) gañou o Premio Xerais de novela; non por escasa calidade, senón por ser unha proposta totalmente afastado do que se adoita premiar, e moi distante do que pode ser un bestseller en calquera lingua, e tamén na galega.
    #literaturagalega #novela #ebiblio

  3. "As augas interiores" (Blanca Riestra, Xerais, 2025, 232 páxinas, novela, ebiblio). Gustei dela, sobre todo pola linguaxe poética, mais botei en falta un maior uso da paisaxe (as augas do ártico) e unha trama máis definida, un obxectivo máis claro.
    #literaturagalega #novela #ebiblio

  4. "Memoria de cidades sen luz" (Inma López Silva, Galaxia, 2009). Novela ambiciosa, de trama extendida no tempo, que vai abrindo moitas caixas e non todas pechan ben. A favor, e non é pouco eloxio, fíxome chorar un par de veces nas últimas 50 páxinas.
    #novela #literaturagalega #ebiblio

  5. Moi recomendábel "A literatura galega contada aos escépticos" (Manuel Veiga, Galaxia, 2024). Non se trata en absoluto dunha historia pormenorizada da literatura galega, senón que o autor vai parando nalgunhas calas que el considera esenciais no devir da nosa literatura, nomes e obras que axudaron e están axudando a construír unha literatura nacional.
    #libros #literaturagalega #ebiblio

  6. "Contiños da terra" (Manuel García Barros, Galaxia). Relatos, contos, anécdotas, ás veces chanzas ou brincadeiras que o autor estradense recolleu en libro en 1952. Todos eles estupendos, e cun galego marabilloso, moi "enxebre" e moi moderno a un tempo, moi afastado dos hiperenxebrismos e outros amaños de moitos contemporáneos seus.
    #GarcíaBarros #LiteraturaGalega #ebiblio