#irpfprofesional — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #irpfprofesional, aggregated by home.social.
-
A pasada finde tivemos a nosa Xuntanza de outono, asemblea de persoas socias e unha formación para a nosa base social para ser conscientes dos coidados, no activismo e na nosa vida diaria (e como o xénero os atravesa).
Tamén vimos as primeiras probas de xabóns artesáns esfeiros grazas ao proxecto coa #AMTEGA e #IRPFProfesional, para lembrarnos que a tecnoloxía ten que ser coidadora.
Encontros como estes cárgannos de enerxía colectiva!
Financiado pola Conselllería de Cultura, Lingua e Xuventude -
🎙 #ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra 🥰
Neste novo podcast de #ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.
Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto de Colectivo do Vento e ESF, e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non.
▶️ Escóitao aquí e difunde: https://galicia.isf.es/blog/esfradio-os-coidados-as-activistas-nos-movementos-pola-defensa-da-terra/ cc @podgalego
Grazas a fondos #IRPFProfesional
-
Remata con 132 participantes a 1ª Escola de Verán de ESF sobre tecnoloxías libres vía @codigocero https://www.codigocero.com/Remata-con-132-participantes-a-1%C2%AA-Escola-de-Veran-de-ESF-sobre-tecnoloxias
-
Uns pedaciños do #RepairCafe que fixemos en Lira este sábado pasado 🌱
#IRPFProfesional #ESFpro -
Nos primeiros días de agosto tampouco descansamos. Dentro do curso de electrificación de bicicletas, tivemos obradoiro de soldadura electrónica
#IRPFProfesional -
Chega a primeira crónica de Honduras de Víctor, o terceiro participante no noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades este ano. Un dos mellores relatos sobre como vive o calor abafante do Golfo de Fonseca un recén chegado. Cando o lees, parece que estás alí suando tamén...
👀 https://galicia.isf.es/blog/cronicas-de-honduras-victor-1-diario-dabordo-do-24-o-28-de-xulho/
#ESFPro #IRPFProfesional #PCR2024 -
📢 1ª SESIÓN DO CURSO DE ELECTRIFICACIÓN DE BICICLETAS
📆 Venres 5 de xullo
🕙 16-18h
📌 Taller social Reciclos (Avenida Labañou,10. A Coruña)Inscrición de balde até esgotar prazas (quedan poucas!): [email protected]
+INFO E TEMARIO: https://bancoreciclaxeelectronica.fala.gal/2024/07/02/curso-de-electrificacion-de-bicicletas-e-reciclos-5-de-xullo-2024/
-
Hoxe no obradoiro de soldadura electrónica na Domus, coa xente de #bricolabs e do noso Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre.
Cheo total nas prazas dispoñibles dende unha semana antes, imos ter que organizar outro!!O cacharreo é reapropiación tecnolóxica e hackea o sistema hiperconsumista. Así que si, o cacharreo é político
#IRPFprofesional -
A semana pasada fixemos visita a abastecementos veciñais de auga, aprendendo de tecnoloxías que empregan na asociación #COXAPO que nos poden vir ben para o programa #DereitoÁAuga en Honduras, e da xestión veciñal da auga en Galicia. Grazas por todo! 🩵🚰
#IRPFProfesional -
O sábado tocou bo cacharreo no Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Milladoiro con #agasol Por alí estivo xente da Rede Galega de Bancos. O vindeiro será o 22 ás 11:30 sobre bicis eléctricas!
#IRPFProfesional -
📢 Novo #RepairCafe que organiza a xente linda do noso Banco de Reciclaxe con #SoftwareLibre #ACoruña en colaboración con #bricolabs.
Aprenderemos xuntas a dar nova vida a vellas computadoras e outros cachivaches. Trae os teus e, se sabes reparar, ven axudar!
🕙 11:00 e as 14:00
📌 Domus
✍🏼 Inscríbete gratis en bancoreciclaxecoruna[arroba]galicia.isf.es
#IRPFProfesional -
Xa estamos coa conta atrás para a @eslibre #ESLIBRE 2024, onde irán dous ESFeiros a falar sobre "El papel de las tecnologías libres para reducir el impacto ambiental y social".
📌 La Mutant (Valencia)
📅 Sábado 25 de maio
🕕 10:50 a 11h
+INFO: https://propuestas.eslib.re/2024/charlas/papel-tecnologias-libres-reducir-impacto-ambiental
#IRPFProfesional #ESFnaUni -
Hoxe no banco de reciclaxe #ACoruña houbo moita actividade. Tocaba facer uns quitafumes para os vindeiros obradoiros de soldadura. Caixas de zapatos, ventiladores de equipos vellos, filtro de carbono (o único comprado) e algo de maña.
#DIY #FainoTíMesma #ESFnaUni #IRPFProfesional