#irpfpro — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #irpfpro, aggregated by home.social.
-
O pasado venres tivemos obradoiros de reparación colectiva de aparellos #RepairCafé simultáneos no Espazo da Natureza de Oza #Carballo e en #Ribadeo. Moi bo rollo e gañas de máis 🥰
É xenial ver como van espallándose estas iniciativas por Galicia adiante!!Se queres montar algún na túa vila, contáctanos en info[arroba]galicia.isf.es e o vemos!
E se queres saber cando e onde é o próximo, atentx por aquí. -
Onte en #Covelo tivemos un #repaircafé, onde participaron moitas persoas alongando a vida de varios obxectos:
1/ Cafetera express
2/ Calefactor Estufa de 2 barras cuarzo.
3/ Teléfono Vintage con fallo na botonera, limpeza dos contactos e xeral. Funcionando!
4/ Bolso con peche magnético, cosido cun novo imán.
5/ forro chaquetón cun roto. Coseuse coa máquina.
6/ Instalación nun equipo portátil de 32 bits un SO LinuxGrazas a tod@s!!
Subvención #IRPFPro #XuntadeGalicia
-
Onte rematamos o obradoiro de Introducción á robótica libre cun grupo de chavalxs en A Coruña, con @salvari como profe e @raivenra organizando, na #FundaciónAmigó
9 delxs estiveron nos tres mércores que duraron, neste mes de agosto, e outrxs 2 máis pasaron por algún deles
-
Dous días xeniais de obradoiros sobre creación de material didáctico para dar a coñecer a xestión comunitaria dos montes, e primeiras probas dun xogo de mesa que nos converteu en comuneiras durante un rato. Todo iso en Vilar, sitio incrible de Negueira de Muñiz, grazas en especial a Dora 🥰 #ESFPro #IRPFPro
-
Aquí temos a segunda crónica de Aída dende #Honduras, no seu voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades #PCR2025.
Un escenario cheo de voces
LÉEA AQUÍ:
https://galicia.isf.es/blog/cronicas-de-honduras-a-segunda-de-aida-un-escenario-cheo-de-voces/
#IRPFPro #ESFPro #MulleresBravas