No rio Tea hai na Freixa (Ribadetea , Ponteareas) unha estación da Xunta para o control e captura de salmónidos. Algúns deles son empregados para a obtención de alevíns que soltar no curso fluvial. Na imaxe, de fai uns anos, vese un exemplo do enorme tamaño que acadan os exemplares que chegan a remontar o rio #Tea #ponteareas #historiadapesca #salmons #bichodon #insustentabilidade
#historiadapesca — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #historiadapesca, aggregated by home.social.
-
Rof Codina publicou no 1931 un texto titulado "el bacalao de los señoritos" referíndose deste xeito tan singular ao congro seco que se exportaba desde a costa galega ao levante #historiadapesca #historiaeconomica #congroseco
-
Outro esturión de gran tamaño pescado a finais da década de 1960 na costa asturiana. Segundo a nova o exemplar pesaba 118 kg. #esturion #historiadapesca #sollorei #sturgeon #insustentabilidade #extincion #histodon
-
Lembranzas de especies extintas no noso territorio... Esta nova conta como un esturión de grande tamaño (3,3 m de longo e mais de 100 kg de peso) foi pescado no ano 1967 na costa asturiana #esturion #historiadapesca #sollorei #sturgeon #insustentabilidade #extincion #histodon
-
Nas últimas décadas o salmón ten descendido alarmantemente as súas poboacións nos ríos galegos atopándose en perigo de desaparición #salmon #historiadapesca #histodon #insustentabilidade
-
Esta nova de El Pueblo Gallego do ano 1965 trata sobre a pesca e o comercio da lagosta en Galicia. Sinala que chegaban a entrar na lonxa da Guarda 4.000 kgs nun dia #lagosta #histodon #historiadapesca
-
Esta nova de 1908 fálanos de como se realizaba a pesca da lagosta na costa galega. Velaquí outro exemplo de pesquería que foi abundante en Galicia e que a sobreexplotación fixo esmorecer #lagosta #historiadapesca #historiaeconomica #histodon
-
Nos inicios da construción dos grandes encoros da conca Miño-Sil xa se facía referencia aos terriblesimpactos que ían ter estas instalacións para os peixes migradores como os salmóns. Esta nova publicada en industrias pesqueras no 1948 refírese á dificultade para remontar os cursos fluviais que aparece coa construción destas infraestruturas #historiadapesca #historiadaenerxia #salmons #minho
-
Máis de salmóns e de imaxes e datos dos tempos da fartura. Neste caso esta nova de 1955 sitúanos no Mandeo e nos mostra un enorme exemplar pescado. A mesma nova indica que entre 1934 e 1940 pescáronse en Galiza 1.184 salmóns e 119.000 sábalos, o grande rei do río Miño #histodon #historiadapesca #sábalo #salmon
-
Velaquí outro exemplo de truita de grandes dimensións no Tea. Neste caso esta nova de El Pueblo Gallego de 1974 mostra a foto deste exemplar de 3,9 Kg pescado na ponte romana de Ponteareas #historiadapesca #rioTea #histodon #troita #ponteareas
-
O declive dos peixes migradores amosa un futuro incerto para especies como o salmón, o reo, a lamprea ou a anguía. Na imaxe vese unha fotografía dun salmón de 7,2 kg pescado no río Umia no ano 1975 #historiadapesca #historiaambiental #umia #salmon
-
Estas eran as medidas mínimas para a pesca de diferentes especies nos ríos no ano 1952. Das que aparecen o esturión xa está extinto dos ríos do Estado e outros peixes en grave risco de desaparición.... #historiadapesca #histodon
-
Hoxe en día pode sorprender, pero a pesca de baleas foi unha actividade económica relevante en Galicia, tanto en áreas do norte como en concellos do litoral de Pontevedra #historiaeconomica #historiadapesca #baleas
-
Temos poucas imaxes históricas da pesca de esturión en Galicia. Este impresionante exemplar pescouse en Baiona no ano 1937 e a súa fotografía foi publicada na prensa da época. O Acipenser sturio remontaba o río Miño dentro do seu ciclo vital pero desapareceu no século XX dos ríos galegos #historiaeconomica #riomiño #minho #esturion #historiadapesca #baiona #sollorei