Scarlett precisa un fogar!
Apareceu soa nun campo, cheíña de garrapatas, famenta e débil... pero aguantou, loitou e agora está recuperada e lista para atopar unha familia que a queira de verdade.
É unha gatiña de 5/6 meses, agarimosa, sociable e negativa a leucemia e inmuno.
Se queres unha compañeira doce e forte, ela é perfecta!
Adopta ou difunde, cada xesto conta!