home.social

#gatasiamesa — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #gatasiamesa, aggregated by home.social.

  1. 😿 Am é a única que quedou. E agora busca unha segunda oportunidade.

    Chegou xunto a outras 3 gatas nun estado lamentable, tras unha situación de violencia de xénero.

    Trasno, Trasto e Si non sobreviviron. Só Am seguiu adiante.

    Foi a máis cariñosa e confiada desde o primeiro día. Está testada, esterilizada, vacinada… e preparada para volver ser familia de alguén 💜

    Am merece un fogar tranquilo, coma o que seguramente tivo algún día.

    📍 Está en Carballo

    🔗 olegadodemax.org/animais/am/

    #Adopta #GataSiamesa #ViolenciaDeXénero #GatasGalicia #OlegadoDeMax #Supervivente #AdopciónResponsable