(1/2)
Pois hoxe tocoume pasar polas oficinas de Naturgy para facer xestións. E a segunda vez que estou e facendo un calculo moi conservador estimo que como mínimo unha de cada duas persoas e un cliente maior que está intentando desfacer un cambio que lle venderon por teléfono. E polo que comentaban outros cleintes que estaban a esperar moitas veces con ameazas de penalización por parte dos piratas telefónicos.
#fendadixital — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #fendadixital, aggregated by home.social.
-
-
Neste últimos días, dende os Bancos de Reciclaxe Electrónica con SW Libre puidemos doar un par de equipos de escaneo e impresión ao Foro Galego de Inmigración, un ordenador a un particular e 6 ordenadores a Caritas.
-
💻 Onte o Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Vigo @teleco_uvigo @universidadedevigo entregou 2 ordenadores no centro sociocultural A Nubeira, da man de A Cuidarth (Asociación de Cuidados y Derechos de las Trabajadoras del Hogar), e 1 ordenador a Provivienda.
Polo #dereitoaReparar e o peche da #fendaDixital.
-
🎉💻 Hoxe o Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre da Escola Técnica Superior de Enxeñería en #Compostela entregou os seus primeiros 5 ordenadores, cunha pequena formación incluida, á Asociación de Peruanos en Santiago de Compostela y Ames.
Polo #dereitoaReparar, o peche da #fendaDixital e o #softwareLibre
-
Os Bancos de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre non pararon nin en agosto. Esta semana entregáronse 5 ordenadores a cinco familias en situación de exclusión na zona de #Ferrol
Esas cinco familias teñen fillxs estudando, a maioría acabando a primaria e facilitarlles un ordenador resultaralles de gran axuda, para reducir a #FendaDixital