home.social

#eticahacker — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #eticahacker, aggregated by home.social.

  1. O compa @AlbertoQ falará o día 19 con #ecoarglobal de "Ética hacker e resistencia cidadá. Ferramentas para a loita social na era dixital”. Será en #Vigo, no café de Catro a Catro. Falará da historia hacker, de casos como WikiLeaks e de como a cultura hacker pode articular loitas sociais efectivas contra os abusos dos poderosos.

    #ÉticaHacker #CulturaHacker #WikiLeaks #hackers #hacktivismo

  2. Non quero quedar pechado no mundo académico. Por iso colaboro con iniciativas civís como esta para falar de "Ética hacker e resistencia cidadá. Ferramentas para a loita social na era dixital”. Unha escusa tamén para ir á miñá cidade natal, Vigo. Falaremos da historia hacker e de casos como WikiLeaks, e como a cultura hacker pode articular loitas sociais efectivas contra o neoliberalismo.
    #ÉticaHacker #CulturaHacker #Vigo #WikiLeaks #hackers #hacktivismo

    agora-r.ecoarglobal.org/etica-

  3. Dende que regresei a #Galicia pasei momentos bos –por estar de novo coa miña familia e amigos–, pero tamén malos –por deixar tamén amigos e familia en Madrid–. Unha das cousas que máis me preocupaban era non atopar onde encaixar a miña maneira de ser e de pensar. Co @colectivo tiña –e teño– un lugar no que encaixo. Agora, con @ESFGalicia non me sinto orfo en Galicia e sei que tamén teño onde encaixar e seguir aprendendo e progresando. Grazas por acollerme.
    #ÉticaHacker #CulturaHacker