home.social

#dereitoaauga — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #dereitoaauga, aggregated by home.social.

fetched live
  1. 🚰 🥰 Xornada "Coidar da auga, facer comunidade" dentro do programa #SomosPonte 🤝
    Estaremos o 27 de novembro en #Pontevedra con @asfes #COXAPO, Coordinadora de ONGD, veciñanza da provincia e a lideresa e defensora de dereitos Juventina López, de #Guatemala, unha das protagonistas do documental "Abuela Agua" ,🎬 que se estreará no evento.

    Falaremos da auga como ben e como dereito, pero tamén como fío capaz de tecer rede comunitaria e xerar identidade

    #DereitoÁAuga
    +INFO: galiciasolidaria.org/somos-pon

  2. Onte estivemos na Escola de Camiños da UDC na presentación do #proxectoCADMIO (Generación de conocimiento sobre la contaminación por metales pesados en el
    agua subterránea del Sur de Honduras), que lideran investigadoras da UDC e da Universidade Nacional Autónoma de Honduras #UNAH, e que esperamos traia luz a un tema que nos ten moi preocupadas nos proxectos de #DereitoÁAuga que desenvolvemos aló coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento

  3. Semanas intensas nos proxectos en #Honduras tras o parón do Nadal.

    💧EIXO #DEREITOÁAUGA
    Sistema de abastecemento e saneamento en Tres Piedras. Moitas das latrinas listas e depósito para abastecemento da auga avanza a bo ritmo 🚰
    #MancomunidadNASMAR

    🌽EIXO #soberaniaalimentaria
    Dentro do programa de restauración de lagoas de inverno, entrega de personerías xurídicas a 5 grupos da zona de San Bernardo, paso clave na consolidación como organizacións formais tras un ano de formación
    #CODDEFFAGOLF

  4. Agora mesmo en directo intervención da Mancomunidade #Nasmar, unha das nosas socias en #Honduras no eixo de #DereitoÁAuga. Parabéns polo seu aniversario! televicentro.com/envivo/8cb652

  5. A semana pasada fixemos visita a abastecementos veciñais de auga, aprendendo de tecnoloxías que empregan na asociación #COXAPO que nos poden vir ben para o programa #DereitoÁAuga en Honduras, e da xestión veciñal da auga en Galicia. Grazas por todo! 🩵🚰
    #IRPFProfesional

  6. Hoxe foi un día importante para a xestión pública da auga no noso programa de #DereitoÁAuga #Honduras, coa inauguración do laboratorio de análise de auga da Rexión Valle, de Mancomunidade #NASMAR e SaludHonduras, apoiado por #AECID e #DeputaciónDaCoruña. Pronto contaremos máis detalles!🚰

  7. É moi importante a identificación de comunidades (aldeas) con interese na xestión veciñal da auga para o programa de #DereitoÁAuga que desenvolvemos no #GolfoDeFonseca #Honduras con Mancomunidad de Municipios #Nasmar e a asociación #Ahjasa (Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento).
    A semana pasada houbo presentación do programa na comunidade de El Fortín, para ver se a veciñanza ten interese en unirse ao programa de fortalecemento da sua Junta Administradora de Agua

  8. Onte foi un día de encontros e re-encontros. Primeiro tivemos reunión do Grupo de Coidados, falando das persoas, dos grupos e as súas necesidades. Logo pasamos ao encontro de Nadal da base social. Compartimos cousas sobre #Honduras, #Mozambique, Guatemala, Ecuador e do que estamos a facer en Galicia con #MulleresBravas #HackersSenFronteiras #ESFnaUni #BancosDeReciclaxe #MulleresTecnólogasParaOBenComún #DereitoÁAuga...
    E tivemos tempo para as cesta de Nadal para as nosas traballadoras! 🥰

  9. Loisa e Adrián, do #cartolab da UDC e o grupo de #DereitoÁAuga de ESF, aproveitaron o seu faladoiro na #atlanticaConf
    para presentar "oficialmente" o Visor de sistemas municipais de abastecemento de auga de Galicia, na súa 1ª versión. Foi realizado tamén co apoio de @ecologistas Galicia.
    Aquí está: cartolab.udc.es/visoraugabast/