#conflitosocial — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #conflitosocial, aggregated by home.social.
-
Nun día como hoxe podemos lembrar mobilizacións populares contra proxectos de celulosas que non se chegaron a realizar. Neste caso vemos a fotografía publicada en El Pueblo Gallego da manifestación feita nas Neves en 1976 contra un proxecto no Condado #historiaeconomica #conflitosocial #eucaliptizacion #AltriNon
-
Nas últimas décadas houbo moitos conflitos, algúns deles só visíbeis a nivel local, vinculados co monte. Varios deles estiveron relacionados coas centrais de combustión de biomasa para producir electricidade. Un destacado foi o de Ribadetea (Ponteareas) que logo se trasladou a Mondariz. Velaquí unha xornada sobre este conflito, organizada no 2011 polo Ateneo Libertario Lume Negro, que tivo un bo final #eucaliptizacion #incineracion #conflitosocial #insustentabilidade #resistencialocal