home.social

#conflitoambiental — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #conflitoambiental, aggregated by home.social.

  1. Unha nova entrada no blog Debullando o Rural. Desta volta sobre a participación no XII Simpósio Ibérico sobre o río Minho cun estudo sobre a historia do conflito do proxecto de celulosa no Condado. Un conflito que tivo lugar na década de 1970 e implicou a axentes de Galicia e de Portugal #conflitoambiental #altrinon #historiaambiental #eucaliptizacion #historiaeconomica mariam.gal/participacion-no-xi

  2. Este mes vai ter lugar o XII Simpósio Ibérico Sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho. Neste evento presento, en coautoría con Diego Amoedo, o traballo "Comunidade local e defensa do río Miño: un achegamento á historia do conflito contra a celulosa no Condado". Nel móstranse os primeiros resultados dunha investigación que estamos desenvolvendo sobre este conflito socioambiental dos anos setenta
    #xustizaambiental #conflitoambiental #minho #ponteareas #eucaliptizacion aquamuseu.cm-vncerveira.pt/pag

  3. Galicia Puteada... Esta era a temática central do exemplar número dous da revista El Ecologista , de decembro do ano 1979. Pode sorprender (ou cecais non) que moitas das problemáticas que aparecían neste número da revista sigan estando totalmente vixentes na actualidade (celulosas, defensa dos montes veciñais, alúmina, repoboacións forestais con especies de crecemento rápido, etc). O exemplar pódese consultar nesta ligazón: ecologistasenaccion.org/public #cmvmc #conflitoambiental #defensadoterritorio