home.social

#castelao — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #castelao, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Aínda impresionado pola visita ontem ao Museu de Pontevedra. O motivo era ir ver "A derradeira liçom do mestre" de Castelao, mas descubrim com ledícia a obra de José Freixanes (incluíndo a parte "apocalípitica" da sua obra, premonitória mesmo, com essas obras de praias e incéndios), e redescubrim a riqueza e diversidade da obra pictórica de Castelao e algúns ilustradores coetáneos como Uxío e Arturo Souto ou Federico Ribas Montenegro, potentes e cum estilo bem atual.

    #ArteGalega #Castelao

  2. audio guide also available in english

    falaban hai un anaco na radio sobre un #roteiro físico/virtual sobre  :castelao: #Castelao que se pode facer en #Compostela

    https://castelaoecompostela.gal/sobre-o-proxecto/

    e deume que pensar que igual estaba ben facelo.

    As visitas guidas xa foron a semana pasada, pero pódense descargar os audios.

  3. pois fai ben

    Amalia Bóveda non irá á inauguración de «A derradeira leición do mestre» pola negación da memoria de PP e VOX1

    Bóveda subliña, por exemplo, que "resulta dunha profunda hipocrisía institucional ir perante o cadro máis simbólico do noso exilio e represión e votar en contra de institucionalizar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir". Así mesmo, considera "intolerable" o "branqueamento político daqueles que hoxe se autoproclaman galeguistas mentres defenden pactos e acordos con partidos de extrema dereita", en referencia aos acordos do #PP con #VOX.

    "É unha ofensa directa á memoria de quen deu a vida pola liberdade e a democracia en #Galicia que se pretenda inaugurar un cadro contra o #fascismo coa man tendida aos herdeiros ideolóxicos e valedores da ditadura", engade". Amalia Bóveda di que "a memoria maila lección de meu pai e de #Castelao, xunto co legado do #galeguismo exiliado e asasinado non son mercadoría electoral nin un decorado para o cinismo político. Non podo acompañar a quen, cos seus votos, actos e  pactos diarios, nega a realidade histórica e institucional do que ese cadro representa".

    Mira, cando vexas a Rueda dando discursos paseando entre debuxiños de Castelao e penses: «mira que hipócrita». Amalia pensa o mesmo.

    1. https://gl.wikipedia.org/wiki/A_derradeira_leici%C3%B3n_do_mestre «No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego» ↩︎

  4. 4. Castelao en Pontevedra (Miguel Pérez Ramudo). Un cómic que lembra moito aos que ás veces de cativo dábache de agasallo a Deputación nalgunha excursión. Aínda que o título suxire que Pontevedra podería ser o tema central da obra o certo é que hai máis páxinas adicadas ás súas viaxes por Europa coa Junta de Ampliación de Estudios cá cidade do Lérez. Demasiado centrado en ser unha obra didáctica para que os rapaces coñezan a importancia de Castelao na construcción da identidade galega como para teren unha entidade propia como obra.

    #booktodon #cómics #galego #castelao #pontevedra

  5. Certame literario "Un verán con Castelao"

    "Nacín na mesma terra ca ti", por Liu Lens Lojo

    IES Félix Muriel. Rianxo.

    nosdiario.gal/articulo/cultura

    #Castelao #Rianxo

  6. Neste día de 1944, Castelao publicou Sempre en Galiza. As súas palabras seguen guiando a nosa loita. Lembramos a súa visión e compromiso coa nosa terra.

    #SempreEnGaliza #Castelao

  7. Castelao partiu un 7 de xaneiro de hai 75 anos, no exilio ao que foi condenado pola longa noite de pedra. Mais o seu espírito nunca deixou Galiza. É unha estrela que segue guiando o camiño da nosa identidade e loita.

    #Castelao #75Anos #SempreConNós