#cansdegalicia — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #cansdegalicia, aggregated by home.social.
-
🐶 Apolo busca un fogar onde seguir medrando en paz 💛
Este cruce de mastín apareceu hai uns meses en Laxe, e dende entón non deixou de amosar o seu bo corazón.É tranquilo, obediente e agarimoso... aínda que tamén lle encanta correr e xogar cos peques, aos que trata con moitísimo respecto. 💫
Levar correa aínda lle custa, pero está aprendendo con paciencia.Apolo precisa un fogar con finca (ou espazo exterior) e moito amor.
📍 Está en Carballo
🔗 https://olegadodemax.org/animais/apolo-2/#Adopta #Mastín #Apolo #CansDeGalicia #OlegadoDeMax #AdopciónResponsable #Carballo
-
Presentámosvos a Paquiño 🐾
Este pequecho de 13 quilos foi rescatado cun anaco de cadea ao pescozo e moitas feridas invisibles. Agora só quere mimo, liberdade e unha casiña tranquila onde envellecer con dignidade.Está en adopción ou acollida indefinida, e busca unha persoa que o vexa co corazón.
É obediente, agarimoso e simplemente adorable.Está en Carballo (A Coruña). Queres coñecelo?
➡️ https://olegadodemax.org/animais/paco/