#canlescruzadas — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #canlescruzadas, aggregated by home.social.
-
Continuamos as entrevistas de #CanlesCruzadas de #YoutubeEnGalego
Desta volta Onegal fala con Manuel 'Léxuam' González, que se define como un amante da ficción e das reflexións enrevesadas. Di que a sua especialidade son as series de animación, en especial os cartoon occidentais: She-Ra, SU, ATLA, Gravity Falls, Kipo, TOH... Se teñen representación LGTBI+, mellor que mellor!
-
Coñecemos hoxe da man de Juan da canle Lilium @Lilium a Mimi, da canle Oneegal @oneegal, unha canle na que a súa creadora, fala de anime, manga, webtoon e un longo etc. sempre na nosa lingua.
Continúa así esta serie de entrevistas entre canles de #YoutubeEnGalego nas que se bisca dinamizar e dar a coñecer a riqueza e diversidade que temos na nosa lingua nesta rede, así como crear puntos de encontro entre as mesmas.
-
Sergio e Nuria de @Toxío entrevistan a Iago de RecunchoGamer na nova entrega de #CanlesCruzadas de #GalegoTube @galegotube https://www.youtube.com/watch?v=c9YxkYLKcG8
-
Laura Veiga (@pingando.gal) entrevista a Sergio e Nuria de @Toxío. Descubre como comezaron a súa andaina polo mundo nesta nova entrega do proxecto #CanlesCruzadas de #GalegoTube @galegotube https://www.youtube.com/watch?v=X-LAAmVrXes
-
Xa podedes ver a 4ª entrevista do proxecto #CanlesCruzadas que estamos desenvolvendo en #GalegoTube e que posiblemente se abra ás comunidades de #Podgalego e #GalegoTwitch !