home.social

#augasdegalicia — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #augasdegalicia, aggregated by home.social.

  1. 💧 🇲🇿 Luns en #Ribeira e mércores en #Compostela, dentro da Universidade Senior da Universidade de Santiago, falamos de #AquaMoz, o programa en #Mozambique con #AugasDeGalicia #CooperaciónGalega, as Administracións Rexionais da Auga de Mozambique, e asesoramento de expertas da Universidade da Coruña

    #ESFnaUni

    +INFO: augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html

  2. 🇲🇿 Hai uns días regresou de #Mozambique o noso Víctor, de facer acompañamento ao programa #AquaMoz, de apoio á xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións).

    Alí se traballa coas Administracións Rexionais da Auga do país, contando co apoio de #augasdegalicia e #CooperaciónGalega.

    Contounos como foi todo nesta pequena crónica galicia.isf.es/blog/nova-visit

  3. Días de boas novas no programa #AquaMoz, que desenvolvemos con #AugasDeGalicia e as Administraçoes Regionais da Água (ARA) de #Mozambique 🇲🇿 .
    Estivo en Galicia Lizete Días, directora de planificación hídrica da ARA Sul.O xoves cun encontro co equipo da universidade da Coruña (ademais de participar o venres na celebración do aniversario da #CooperaciónGalega e no encontro con ESF).
    Ernesto Tivane, técnico da propia ARA Sul, defendeu con éxito o venres o seu TFM no ámbito deste programa. Parabéns!

  4. Xa regresaron a #Mozambique 🇲🇿 Moisés e Francisco, para continuar o seu importante traballo na xestión dos recursos hídricos na zona centro do país.
    A semana en Galicia dentro do programa #AquaMoz serveu para estreitar lazos, coñecer instalacións e compartir experiencias con persoal técnico de #AugasDeGalicia, #UDC ou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Houbo tempo para encontros informais coa base social de ESF en A Coruña e Santiago

    Aquí unha breve crónica: galicia.isf.es/blog/visita-a-g

  5. Onte estivemos con Moisés e Francisco, técnicos da Administración Regional da Auga do Centro de #Mozambique (ARA Centro), que nos falaron do seu país e da xira destes días en Galicia coñecendo distintas experiencias de xestión de secas e inundacións (con Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil...). En breve teremos unha crónica da xira!
    A ARA-Centro é unha das socias no programa #AquaMoz que, xunto con #AugasDeGalicia, desenvolvemos en Mozambique.
    +IINFO: augasdegalicia.xunta.gal/secci

  6. Hoy, pendientes de los Diálogos sobre Hermanamientos entre Operadores de Agua (WOP), con #AECID y #ONUHábitat. La experiencia de #AquaMoz, donde ESF estamos colaborando con #AugasDeGalicia, #CooperaciónGalega, Administraciones de Agua Regionales (ARA) de #Mozambique🇲🇿 , universidades.., lleva 12 años.
    Es una apuesta a largo plazo muy interesante, basada en el acompañamiento y la confianza. Justo estos días están en Galicia Francisco y Moisés, 2 técnicos de ARA Centro de Mozambique

  7. Hoxe é o día do #MedioAmbiente💧 🌳 🦅 🥰 .

    Queremos aproveitar para presentarvos unhas infografías e un vídeo curtiño para coñecerdes o programa #AquaMoz, de fortalecemento técnico ás Administracións da Auga de #Mozambique para a xestión de secas e inundacións (agravadas polo quecemento global).

    É un programa que impulsamos con #AugasDeGalicia, un modelo de cooperación de administracións públicas, universidades e organizacións da sociedade civil.

    +INFO E VÍDEO: augasdegalicia.xunta.gal/secci

  8. Na web de #AugasDeGalicia están disponibles un vídeo e unha infografía sobre o proxecto #AQUAMOZ, que Augas de Galicia e ESF están desenvolvendo para apoiar ás Administracións Rexionais da Auga de Mozambique no ámbito dos eventos extremos augasdegalicia.xunta.gal/secci

  9. Hoxe deixámosvos a terceira das 4 infografías resumo do que foi o 2023 en Enxeñería Sen Fronteiras. Desta volta, o traballo no programa #AquaMoz en #Mozambique, xunto con #AugasDeGalicia