#aquamoz — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #aquamoz, aggregated by home.social.
-
Neste #DíaDeÁfrica queremos lembrar que África non é un país. Esa visión homoxeneizadora é unha herdanza do colonialismo (que en realidade agora ten outro aspecto, pero segue aí).
Neste continente, ESF Galicia tivemos de 2004 a 2010 proxectos nos campamentos de refuxiadxs do #SaharaOccidental, causa coa que seguimos totalmente aliñadas.
Dende 2022, participamos no programa #AquaMoz, de fortalecemento de capacidades para xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións) en #Mozambique
-
Proxectos de cooperación internacional.
🇲🇿Estamos buscando propostas para asistencia técnica en temas de apoio en fortalecemento sobre xestión de eventos extremos hídricos (secas e inundacións) en #Mozambique, dentro do programa #AquaMoz.
📅 Pecha o prazo o 11 de maio
Mira aquí os termos de referencia: https://galicia.isf.es/blog/contratacion-asistencia-tecnica-programa-aquamoz/
-
💧 🇲🇿 Luns en #Ribeira e mércores en #Compostela, dentro da Universidade Senior da Universidade de Santiago, falamos de #AquaMoz, o programa en #Mozambique con #AugasDeGalicia #CooperaciónGalega, as Administracións Rexionais da Auga de Mozambique, e asesoramento de expertas da Universidade da Coruña
+INFO: augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html
-
🇲🇿 Hai uns días regresou de #Mozambique o noso Víctor, de facer acompañamento ao programa #AquaMoz, de apoio á xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións).
Alí se traballa coas Administracións Rexionais da Auga do país, contando co apoio de #augasdegalicia e #CooperaciónGalega.
Contounos como foi todo nesta pequena crónica https://galicia.isf.es/blog/nova-visita-de-seguimento-a-mozambique-programa-aquamoz/
-
Días de boas novas no programa #AquaMoz, que desenvolvemos con #AugasDeGalicia e as Administraçoes Regionais da Água (ARA) de #Mozambique 🇲🇿 .
Estivo en Galicia Lizete Días, directora de planificación hídrica da ARA Sul.O xoves cun encontro co equipo da universidade da Coruña (ademais de participar o venres na celebración do aniversario da #CooperaciónGalega e no encontro con ESF).
Ernesto Tivane, técnico da propia ARA Sul, defendeu con éxito o venres o seu TFM no ámbito deste programa. Parabéns! -
Hoxe foi un día intenso e emotivo, celebrando o 30 aniversario da #CooperacionGalega pola mañá, e pola tarde cun encontro con Roger Reyes (director da asociación #CODDEFFAGOLF, socia nosa en #Honduras) e Lizete Días (xefa de planificación hídrica da Administración Rexional da Auga do Sur de #Mozambique, socia nosa no programa #AquaMoz)
-
Xa regresaron a #Mozambique 🇲🇿 Moisés e Francisco, para continuar o seu importante traballo na xestión dos recursos hídricos na zona centro do país.
A semana en Galicia dentro do programa #AquaMoz serveu para estreitar lazos, coñecer instalacións e compartir experiencias con persoal técnico de #AugasDeGalicia, #UDC ou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Houbo tempo para encontros informais coa base social de ESF en A Coruña e SantiagoAquí unha breve crónica: https://galicia.isf.es/blog/visita-a-galicia-de-delegacion-da-administracao-regional-da-aguas-do-centro-mozambique/
-
Onte estivemos con Moisés e Francisco, técnicos da Administración Regional da Auga do Centro de #Mozambique (ARA Centro), que nos falaron do seu país e da xira destes días en Galicia coñecendo distintas experiencias de xestión de secas e inundacións (con Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil...). En breve teremos unha crónica da xira!
A ARA-Centro é unha das socias no programa #AquaMoz que, xunto con #AugasDeGalicia, desenvolvemos en Mozambique.
+IINFO: https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html -
Hoy, pendientes de los Diálogos sobre Hermanamientos entre Operadores de Agua (WOP), con #AECID y #ONUHábitat. La experiencia de #AquaMoz, donde ESF estamos colaborando con #AugasDeGalicia, #CooperaciónGalega, Administraciones de Agua Regionales (ARA) de #Mozambique🇲🇿 , universidades.., lleva 12 años.
Es una apuesta a largo plazo muy interesante, basada en el acompañamiento y la confianza. Justo estos días están en Galicia Francisco y Moisés, 2 técnicos de ARA Centro de Mozambique -
Hoxe é o día do #MedioAmbiente💧 🌳 🦅 🥰 .
Queremos aproveitar para presentarvos unhas infografías e un vídeo curtiño para coñecerdes o programa #AquaMoz, de fortalecemento técnico ás Administracións da Auga de #Mozambique para a xestión de secas e inundacións (agravadas polo quecemento global).
É un programa que impulsamos con #AugasDeGalicia, un modelo de cooperación de administracións públicas, universidades e organizacións da sociedade civil.
-
Aquí deixamos a crónica da recente visita que houbo a #Mozambique dentro do programa #AquaMoz, de fortalecemento das Administracións Rexionais da Auga (ARA) en xestión de eventos hídricos extremos como secas e inundacións. Este país é un dos máis afectados do mundo polo quecemento global, aumentando a probabilidade de sufrir este tipo de fenómenos.
+INFO: https://galicia.isf.es/blog/cronica-da-nova-visita-do-programa-aquamoz-a-mozambique/ -
Mércores 21 de maio. 18h
WEBINAR: Xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións) en #Mozambique 🇲🇿Teremos a Víctor, coordinador do programa #AquaMoz, recén chegado de aló para traernos novas frescas dos avances coas Administraçoes Regionais da Agua, coas que traballamos.
Está organizado xunto co Colexio de Enxeñería Técnica Forestal de Galicia, no marco do proxecto de ESF no eido profesional técnico #ESFpro
✍🏼INSCRICIÓN PARA RECIBIR ENLACE DE CONEXIÓN:: [email protected]
-
A semana pasada tivemos a Víctor falando sobre Cooperación Internacional para o Desenvolvemento na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC.
Fases da cooperación, tipos de cooperación e como nos gusta a nós enfocar este traballo, sempre dende o fortalecemento das capacidades locais, apoiándose en organizacións da zona, con foco nos dereitos humanos e tecer pontes entre sociedade civil e institucións de Galicia e os países de traballo.
Como exemplo falou do programa #AquaMoz
#ESFnaUni -
CONTRATACIÓN: Asistencia técnica para fortalecimiento de capacidades técnicas y operativas para la mejora de la gestión de los recursos hídricos en #Mozambique 🇲🇿 , dentro de nuestro programa #AquaMoz
Recepción de candidaturas: até 4 de abril
-
Hoxe estivo Víctor na materia de Física Ambiental, na Facultade de Físicas da USC falando sobre Cooperación internacional na xestión de eventos extremos en Mozambique 🇲🇿.
A xestión de secas e inundacións e a cooperación técnica poden contribuír a mitigar os impactos do quecemento global. O programa #AquaMoz é un exemplo de éxito, onde participan organizacións da sociedade civil, universidades e administracións públicas de Galicia e Mozambique -
En novembro e decembro houbo visita técnica a #Mozambique 🇲🇿 dentro do programa #AquaMoz💧 . Estívose a traballar en formación coas Administracións Rexionais da Auga (ARA) do Sur e do Centro, para predicción de zonas inundables e mellorar a xestión de eventos extremos de choivas intensas, que Mozambique vén sufrindo cada vez máis (é un dos países máis afectados do mundo polo quecemento global).
Aquí podedes ver a crónica con máis detalles: https://galicia.isf.es/blog/cronicas-mozambicanas-visita-tecnica-de-novembro-e-decembro/
-
Na web de #AugasDeGalicia están disponibles un vídeo e unha infografía sobre o proxecto #AQUAMOZ, que Augas de Galicia e ESF están desenvolvendo para apoiar ás Administracións Rexionais da Auga de Mozambique no ámbito dos eventos extremos https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html
-
Estes días temos a Víctor e Manuel, coordinador e técnico do programa #AquaMoz, en #Mozambique, nunha nova visita técnica. Nela, ademais do traballo en Maputo coa Administración Rexional da Auga do Sur, incluirase unha estancia en Tete na que se traballará no diagnostico dos estudos e a xestión de inundacións coa Administración Rexional da Auga do Centro de Mozambique
-
Onte na #ETSE #Compostela tivemos un faladoiro técnico sobre xestión de eventos hídricos extremos en #Mozambique. Falouse do (complicado) contexto do país tralas eleccións de hai pouquiño, así como de modelos de facer cooperación técnica (no programa #AquaMoz apostamos por un acompañamento continuado ás 3 Administracións Rexionais da Auga do país) e, por suposto da parte máis técnica. Tras anos traballando en secas, o novo eixo clave son as inundacións.
-
Faladoiro técnico: Cambio climático e xestión de eventos hídricos extremos en #Mozambique
📅 Mércores 6 de novembro
⏰ A partir das 19 horas
📌 AULA 4 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría #SantiagoDeCompostela
Acceso libre até completar aforo
#AquaMoz #ESFnaUni -
Despois dun mes en #Mozambique, xa temos de volta en Galicia a Manuel, asesor técnico para o fortalecemento das Administracións Rexionais da Auga dentro do programa #AquaMoz. Aquí deixamos a crónica contando como vai o traballo en xestión de inundacións:
➡️ https://galicia.isf.es/blog/visita-tecnica-en-mozambique/ -
Hoxe deixámosvos a terceira das 4 infografías resumo do que foi o 2023 en Enxeñería Sen Fronteiras. Desta volta, o traballo no programa #AquaMoz en #Mozambique, xunto con #AugasDeGalicia