#aopaso — Public Fediverse posts
Live and recent posts from across the Fediverse tagged #aopaso, aggregated by home.social.
-
No encontro que pon o punto e seguido ao noso programa de Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional técnico e da economía social de Galicia (#ESFPro), coñecimos os resultados do estudo que elaboramos con #aopaso
Seguiremos traballando aos poucos en tecnoloxías libres (en particular nas dixitais), indicadores de boas prácticas ou a formación
Tamén hai vontade de ter un grupiño de traballo/consulta para seguir avanzando
Grazas a todas as entidades 🥰
-
🔍 Ao longo dos últimos meses, estivemos analizando, man a man coas compas de #AoPaso, a presenza da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais da enxeñería e a economía social de Galicia.
👀 Deixamos as conclusións. Se queres sabelo todo, descarga o estudo: https://nuevanube.isf.es/s/AwxwHYxiPBt7Xe7
Este estudo foi parte do Programa #ESFPro, co financiamento da Xunta de Galicia, a través de #CooperaciónGalega
e de Fondos IRPF da casiña solidaria -
Hoxe tivemos un intenso encontro con compas do @slg_labregxs @unionespazocoop #AGASOL (Asociación Galega de Empresas de #SoftwareLibre) e @reasgalicia, onde reflexionamos sobre a importancia de pensar na ética (ou falta dela) da tecnoloxía - non só a dixital - que empregamos no día a día das iniciativas de economía social.
Ante o tráfico de datos persoais e evolución cara tecnoloxías monopolísticas, formarse en alternativas e aliarse para denunciar!
Grazas a #AoPaso pola facilitación!
#ESFpro -
Onte, última actividade da fase 2 de #Mulleresbravas, co encontro final de avaliación onde Raquel e María #AoPaso nos compartiron a ESF e Amigas da Terra o resultado do seu inxente traballo.
Este proxecto nos axuda a tecer pontes de persoas e organizacións galegas e hondureñas.
A todas as participantes (profes da #usc e @uvigo, plataformas de defensa do terrra #ulloaviva #minatouroopinonon ou #amilseneolicos, ao #SindicatoLabregoGalego e ás súa labregas, compas de #agareso)
💜GRAZAS‼️ 💜