home.social

#encefora — Public Fediverse posts

Live and recent posts from across the Fediverse tagged #encefora, aggregated by home.social.

fetched live
  1. Manifesta: festa e xantar popular na Alameda polo arquivo definitivo de ALTRI e o peche de ENCE

    Alameda de Pontevedra, domingo, 24 de maio, 16:00 CEST

    O domingo 24 de maio, ás 12:30, sairemos desde a Alameda de Pontevedra en manifestación polas rúas da cidade. Ao remate, celebraremos unha festa e xantar popular na Alameda.

    Podedes facer reserva para o xantar, enchendo o formulario que xuntamos:

    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdWVeXuGhlRw9e1dUioPETsC7vZc1nbeUtpM5-IU5DjRY9pPg/viewform?pli=1

    Haberá menú para adultos e infantís:

    Adultos (25€/persoa): polbo (1 ración / 2 persoas), churrasco (a repetir), empanada, sobremesa e 1 garrafa de viño (para cada 6 persoas).

    Infantil (11€/persoa): empanada, churrasco, sobremesa e refrescos.

    Importante: o envío do formulario cuberto non supón a reserva de praza, ésta só será efectiva unha vez confirmado o pago, mediante Bizum (ao tlf. 666 621 438) ou ingreso ou transferencia na conta da “Asociación pola defensa da ría” (ES16 2080 5140 9130 4003 2313).

    Máis información: https://www.apdr.info/wp/2026/05/12/presentamos-a-manifesta-do-24-de-maio-en-pontevedra-polo-arquivo-definitivo-de-altri-e-o-peche-de-ence/

    pontevedra.acontece.gal/event/